Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 29 de xaneiro de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de caducidade e arquivo de tódalas actuacións practicadas en relación coa solicitude de pensión non contributiva da Seguridade Social, relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resólvese publicar no Diario Oficial de Galicia, a resolución emitida pola delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da provincia de Pontevedra; ó ter sido devolta polo servicio de correos, reitérase a súa notificación para a súa publicación definitiva ó interesado citado no anexo.

Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado desde a data da publicación deste edicto, ante a Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), directamente ou a través desta delegación provincial, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 dexaneiro (BOE do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Vigo, 29 de xaneiro de 2001.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: José Manuel Valverde Carballo.

DNI: 36.151.761.

Resolución: declaración de caducidade e arquivo de tódalas actuacións.

Feitos: non ter achegado no prazo establecido a documentación requirida, sendo imprescindible para a resolución da solicitude de pensión non contributiva.

Fundamentos de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.