Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da consultoría e asistencia consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Lote 1: XV salón internacional do club de gourmets en Madrid. Lote 2: 2ª feira interalined en Valencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

a) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Lote 1: XV salón internacional do club de gourmets en Madrid. Lote 2: 2ª feira internacional en Valencia de acordo cos pregos que rixen esta contratación.

b) División por lotes e número: 2 lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de pesetas)/120.202 euros.

Lote 1: 13.000.000 de pesetas/78.132 euros.

Lote 2: 7.000.000 de pesetas/42.070 euros.

5. Garantías.

Provisional:

Lote 1: 260.000 pesetas/1.562 euros.

Lote 2: 140.000 pesetas/841 euros.

Definitiva: o 4% de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 25.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 14 de marzo de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela 15771.

d) Data: 26 de marzo de 2001.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria