Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/70-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Milladoiro (rúa Pardiñeiros, 13).

Situación: Ames.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 200 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 de 240 mm Al, intercalada na L.M.T.S. dos CC.TT. Ibelceltia e Anxeriz nº 8 e final no C.T. tipo interior

na rúa Pardiñeiros nº 13, de 630 kVA. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña