Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/28-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Río Xubia, 48. (Polideportivo do Ensanche).

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: que, coa finalidade de instalar un novo C.T. manobra no concello de Ferrol, se proxecta a instalación: L.M.T.S., C.T.C. Río Xubia, nº 48. Liña de media tensión subterránea a 15 kV cunha lonxitude de 0,054 km con orixe na L.M.T., entre os CC.TT. Monfero (expediente 27164) e deporte (expediente 27164), conductor tipo R.H.V., e final no novo C.T.C. Río Xubia, 48. Centro de transformación, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña