Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 29 de xaneiro do 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de modificación da contía da pensión non contributiva da Seguridade Social, relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resólvese publicar no Diario Oficial de Galicia, a resolución emitida pola delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da provincia de Pontevedra; ó ter sido devolta polo servicio de correos, reitérase a súa notificación para a súa publicación definitiva ó interesado citado no anexo.

Contra esta resolución poderá interpor reclamación previa á vía da xurisdicción laboral, ante esta delegación provincial, dentro dos 30 días seguintes ó da publicación deste edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril (BOE do 11 de abril).

Vigo, 29 de xaneiro de 2001.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: María Carmen Daniela Arosa Salgueiro.

DNI: 76.839.573.

Resolución: modificación da contía da pensión de xubilación non contributiva que lle foi recoñecida, quedando fixada no importe e cos efectos económicos que se sinalan.

Feitos: a contía da pensión recoñecida foi establecida en función dos beneficiarios de pensión non contributiva inseridos na súa unidade de convivencia, quedando o importe en 33.350 pesetas como novo importe mensual.

Xerar un cobramento indebido de 33.350 pesetas polo período desde o 1 de abril de 2000 ata o 31 de xullo de 2000, que está obrigada a reintegrar no prazo de 30 días, mediante ingreso na conta de Recursos diversos provinciais nº 6000056419 da

Tesourería Xeral da Seguridade Social, en calquera oficina de Caja de Madrid.

Fundamentos de dereito: artigo 168 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, en relación co artigo 145 do mesmo texto legal.

Importe que hai que reintegrar: 33.350 pesetas (200,44 euros *).

* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 peseta/1 euro.