Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegacion Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para e empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A., con nº de código 3603111, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 14-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballi, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de xaneiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

II Convenio colectivo do centro de traballo do Porriño da empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo afecta o centro de traballo que a empresa Servicio de Distribución Frigorífica Galicia, S.A. ten aberto no Porriño (Pontevedra).

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Este convenio terá unha duración dun ano, contado desde o 1 de xaneiro de 2000 e ata o 31 de decembro de 2000. Entrará en vigor o día seguinte ó do asinamento, aínda que os efectos económicos dos salarios pactados se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 2000.

Entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes, con dous meses de antelación á data do seu remate. A denuncia deberase facer por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Estas normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa no centro de traballo do Porriño, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentariamente se poidan establecer no futuro serán absorbibles polos aumentos acordados neste convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 5º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa que significaran condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 6º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, terase que rexer o primeiro ano de vixencia, 1 de xaneiro de 2000 a 31 de decembro de 2000, polas táboas salariais anexas.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente no exercicio das súas facultades non aprobase ou modificase algunhas das súas cláusulas, as partes deberanse reunir para revisaren o texto do convenio.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que hai que realizar, conforme a seguinte escala:

Técnicos titulados: seis meses.

Titulados grao superior, contratados en prácticas: tres meses.

Titulados grao medio, contr. prácticas: dous meses.

Contratos de aprendizaxe: un mes.

Resto de persoal: dous meses.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a empresa, poderán proceder ás rescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador terá, durante o período de proba, a retribución que corresponda á categoría profesional do traballo en que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasara a integrarse á empresa coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 10º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectual diminuídas pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, en caso de que existan estes postos. Igual criterio se seguirá con aqueles que se atopen na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 11º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir prestando os seus servicios mentres non transcorran os prazos sinalados a seguir:

Técnicos titulados: tres meses.

Técnicos grao sup., contr. prácticas: un mes.

Titulados grao medio, contr. prácticas: un mes.

Resto de persoal: quince días.

O abandono do posto de traballo, sen transcorreren os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario total dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite de aviso previo, lle correspondese o cesamento.

Artigo 12º.-Xornada anual e horario.

Para o persoal proveniente de Frigodis, a xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

A xornada ordinaria de traballo, para os traballadores de nova incorporación desde a entrada en

vigor deste convenio colectivo será de corenta horas efectivas de traballo para todo o persoal, de conformidade co Acordo Xeral Laboral. A xornada anual ordinaria será de 1800 horas de traballo efectivo.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase nos horarios seguintes:

De 6 a 14 horas.

De 8 a 16 horas.

De 11.30 a 14.30 e de 15.30 a 20.30 horas.

De 14 a 22 horas.

De 18 a 2 horas.

De 22 a 6 horas.

De 24 a 8 horas.

Todos eles de luns a venres.

O horario de traballo, como consecuencia das necesidades do servicio, adaptarase de acordo cos cambios organizativos de cada momento. Previamente a iso, informarase o comité e comunicaránselle as razóns xustificativas.

A comunicación individual deste cambios efectuarase con 30 días de antelación, agás pacto noutro sentido.

Nas cámaras que deban estar a -18ºC ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º, a permanencia no interior delas será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carreteiros), concederáselle un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarán a xornada normal en traballos que haxa que realizar no exterior das cámaras.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do 100% de tódolos conceptos económicos que figuren na nómina, con excepción de: nocturno e axudas de custo.

No ano de comezo da relación laboral, o persoal de novo ingreso terá dentro del a parte proporcional que corresponda segundo o número de meses traballados durante o ano, computándose para estes efectos a fracción de mes como mes completo.

As vacacións colleranse de acordo coas datas solicitadas polo traballador, adaptándose ás necesidades do servicio. En cada servicio, confeccionarase un plan de vacacións.

Cando por falta de acordo entre os traballadores sexa necesario establecer unha orde, esta determinarase por sorteo; ó ano seguinte os desfavorecidos no sorteo terán prioridade.

As vacacións non comezarán en día festivo ou véspera, agás petición do interesado.

Se durante as vacacións o traballador pasase a situación de IT, non se computarán para efectos de vacacións os días que permanecese en IT.

Neste suposto, os días de vacacións pendentes colleranse cando as necesidades do servicio o permitan.

Anualmente elaborarase un calendario laboral que comprenderá o período de vacacións.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: 15 días naturais.

b) Parto da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, fillos: cinco días naturais. Pais políticos: tres días naturais (deben presentar certificado médico).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: 3 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos e pais políticos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días, tíos e tíos políticos: 1 día.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, con xustificante médico: 1 día.

Nos casos que se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, a Madrid e outras cidades fóra da rexión: 3 días, e cando esta saída fose a Madrid como consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica: tres horas, e se esta consulta médica se realizase en Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salvaterra, Salceda, Domaio ou Cangas, o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados. Igual criterio se seguirá con respecto ó persoal destinado no Porriño e que deba desprazarse a Vigo.

Concédenselle-los mesmo dereitos á parella de feito que á esposa/o.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse días naturais.

Artigo 15º.-Crecemento salarial.

A partir do primeiro de xaneiro de 2000, rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran nas

táboas salariais anexas ó convenio, nas que se inclúen tódolos conceptos salariais, complementos e demais e que supuxeron un incremento do 3%, exceptuando o prezo das horas extraordinarias.

Artigo 16º.-Cláusula de revisión salarial.

Se o 31 de decembro de 2000 o IPC nacional real dese ano excedese do aumento establecido no artigo anterior, a táboa salarial, con excepción das horas extraordinarias e a bolsa de vacacións, revalorizarase no exceso e cun máximo de 0,5 puntos, a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 17º.-Conceptos retributivos.

1. Para o persoal proveniente de Frigodis, os conceptos salariais distribuiranse do seguinte xeito (táboa salarial anexo I):

-Salario base.-Complemento convenio.-Complemento de asistencia.-Complemento de transporte.-Complemento de noite.-Antigüidade.-Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.-Bolsa de vacacións.-Axudas de custo.-Pagas extraordinarias.-Complemento persoal.-Complemento de tarde.

2. Para o persoal de novo ingreso, aplicaranse as táboas salariais que figuran no anexo II.

Salario base.

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio ou no contrato, e figura nas táboas salariais anexas.

Complementos salariais

Complemento convenio:

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial anexo I.

Complemento de asistencia:

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial anexo I.

Complemento de transporte:

O persoal proveniente de Frigodis percibirá, en concepto de complemento de transporte, a cantidade que figura na táboa anexo I.

Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos:

Ó persoal proveniente de Frigodis seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexo I. Tales traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo de traballo.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un complemento equivalente ó 25% do salario base.

O persoal que realice o seu traballo a temperaturas entre 0 e 10º C cobrará un complemento equivalente ó 10% do salario base.

Complemento de noite:

Regularase de acordo co artigo 36 do Estatuto dos traballadores. En canto á súa retribución, será un complemento do 25% do salario base.

Bolsa de vacacións

Recoñéceselle a todo o persoal proveniente de Frigodis unha bolsa de vacacións de 55.567 pesetas brutas anuais que se fará efectiva coa paga de xullo.

Para o persoal proveniente de Frinova, que se relaciona a seguir, recoñécese unha bolsa de vacacións engadida de 23.737 pesetas brutas anuais.

Ricardo Freitas Couñago

Fco. Javier Cameselle Vicente

Julio C. Tizón Barciela

Julio Gómez Barral

Ubaldo Estévez Alonso

Juan A. Iglesias Rivas

Ángel Darroza Miñan

Antonio González Pérez

Francisco J. Amoedo Valcárcel

Axudas de custo.

Para o persoal de reparto, esta axuda será de 1.375 pesetas.

Cando por necesidade da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de 1.650 pesetas, que comprende 1.375 pesetas en concepto de axuda de comida e 275 pesetas como compensación por gastos de transporte urbano.

Pagas extraordinarias.

a) Para aqueles traballadores que se incorporen con posterioridade á entrada en vigor deste convenio colectivo, as gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, máis antigüidade, se é o caso. Denominaranse verán, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 15 de xullo, 15 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

O devengo das pagas é o seguinte:

* Beneficios.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano anterior)

* Verán.

Do 1 de xullo (do ano anterior) ó 30 de xullo (do ano en curso)

* Nadal.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano en curso)

b) O persoal proveniente de Frigodis, única e exclusivamente como condición ad personam, gozará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento de convenio, complemento de transporte, complemento traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis antigüidade, como se ven facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

O devengo das pagas é o seguinte:

-Beneficios.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano en curso)

-Verán.

Do 1 de xaneiro ó 30 de xuño (do ano en curso)

-Outubro.

Do 1 de outubro (do ano anterior) ó 30 de setembro (do ano en curso).

-Nadal.

Do 1 de xullo ó 31 de decembro (do ano en curso)

-Antigüidade.

a) A antigüidade, para todo o persoal de novo ingreso, será de trienios ó 5%, devengándose ó mes seguinte do vencemento.

b) Para o persoal proveniente de Frigodis, única e exclusivamente como condición ad personam, cunha antigüidade anterior a 1985, desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interporfesional, ata o máximo de 16 bienios, segundo o cálculo seguinte:

1. Bienios cumpridos ata o 1-11-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.170 pesetas.

2. Bienios a cumprir a partir do 1-1-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nos puntos a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

Todo o persoal con antigüidade na empresa posterior ó 1-11-1985 terá trienios ó 5%.

Artigo 18º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade, para todo o persoal da empresa, sempre que teñan cuberto o período de carencia necesario para ter dereito a pensión da Seguridade Social.

Ó producirse a xubilación conforme o disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: tres mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: dúas mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificarase con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 19º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que el mesmo asignase, percibirán a cantidade de seis millóns novecentas sesenta e seis mil duascentas vintedúas pesetas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do trabalaldor e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e cinco pesetas para os primeiros casos, trece millóns novecentas noventa e nove mil setecentas cincuenta pesetas para os segundos e vintesete millóns novecentas noventa e nove mil catrocentas noventa e oito pesetas para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e cinco pesetas.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e cinco pesetas para os primeiros casos, trece millóns novecentas noventa e nove mil setecentas cincuenta pesetas para os segundos e vintesete millóns novecentas noventa e nove mil catrocentas noventa e oito pesetas para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión e oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e entregaráselle unha copia oficial ó comité de empresa.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materias de Seguridade Social, senón un complemento dela.

Artigo 20º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Para suposto de incapacidade como consecuencia de enfermidade, a empresa aboará o 100%, condicionado a que o mes anterior á súa baixa o absentismo da empresa non supere o 5% do total de traballadores, non téndose en conta as horas que utilicen os cargos sindicais para o desempeño das súas funcións para efectos do referido cálculo, continuando o resto do persoal da empresa percibíndoo como ata a data.

Seguridade e saúde laboral.

Artigo 21º.-Principio xeral.

As partes asinantes do convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas, regulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 22º.-Recoñecementos médicos.

Será obrigatoria a realización dun recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que efectuará o servicio médico de empresa ou unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Así mesmo será obrigatorio o recoñecemento médico tanto para os choferes de todo tipo de vehículos como para os conductores de carretillas elevadoras. Este farase dentro da xornada laboral, e a empresa porá os medios necesarios para a súa realización por parte dos traballadores afectados.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

A empresa, a través do seu servicio médico, ou por entidades especializadas, poderá comproba-lo estado de saúde dos traballadores en situación de IT, respectando en todo caso o dereito á intimidade persoal.

Artigo 23º.-Pezas de roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionaralles ós traballadores os medios e pezas de roupa de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco.

Artigo 24º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente que estará composto das seguintes pezas de roupa:

-Persoal de peirao:

Botas de seguridade (1 par).

Xersei de peirao (1).

Chaqueta e pantalón funda (2).

-Persoal de conxelado:

Botas de seguridade (1 par).

Peto e chaqueta de frío (1).

Chaqueta e pantalón funda (2).

Xersei (1).

-Conductores:

Pantalóns de pinzas (2).

Cazadora (1).

Camisas (4).

Xersei de pico (2).

Botas de seguridade (1 par).

Artigo 25º.-Retirada do carné de conducir.

En caso de que por resolución administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por período non superior a seis meses, durante a vixencia do convenio e conducindo un vehículo

da empresa para a que preste servicios, esta comprométese a facilitarlle ó conductor afectado o posto de traballo máis idóneo, de acordo coa súa categoría profesional.

Se a retirada do carné de conducir é por resolución xudicial firme, o período non será superior a noventa días.

Artigo 26º.-Pagamento de multas.

As multas por infracción de tráfico imputables a culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. En caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Artigo 27º.-Anticipos.

O persoal poderá solicitar anticipos do seu salario, cun tope de dúas mensualidades brutas e un máximo de un millón de pesetas (1.000.000).

Reintegrarase á empresa, deducíndollo ó traballador das pagas extraordinarias, salvo petición en contrario do interesado.

A súa concesión estudiarase individualmente por unha comisión formada por dúas persoas designadas por, e entre, os membros do comité de empresa e a dirección da empresa.

Artigo 28º.-Comisión negociadora.

Para a negociación e acordo deste convenio colectivo para o centro do Porriño de SDF Galicia S.A., formouse unha comisión negociadora integrada polas seguintes persoas:

-Por parte da empresa:

Manuel Sánchez del Río.

Félix A. Palacios.

Por parte dos representantes dos traballadores:

Julio Gómez Barral.

Julio César Tizón Barciela.

Ponciano Prego Piñeiro.

José Manuel Fernández Rodríguez.

Ricardo Freitas Couñago.

Disposición adicional

Única.-No non previsto neste convenio haberá que se ater ó disposto no acordo xeral laboral para as empresas de transporte de mercadorías por estrada e normas de rango superior que o poidan afectar.

ANEXO I

Salario base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

transp.

Mellora

volunt.

Retrib.

volunt.

Posto

traballo

Comp. persoal

Compl.

tarde

Traballos

penosos

* Administrativos

-Oficial 2ª
Julio Eiriz Blas80.32122148.41912.26014.1409.118
Julio C. Tizón Barciela80.32122148.4198.48830.012

-Aux. administrativo
Antonio Iglesias Martínez80.32113511.75710.3633.64620.600

* Profesionais de oficio e persoal obreiro

-Encargado peirao
Fco. Javier Amoedo Valcarcel80.32134.51410.8272.97516.064

Salario base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

transp.

Mellora

volunt.

Retrib.

volunt.

Posto

traballo

Comp. persoal

Compl.

tarde

Traballos

penosos

-Carretilleiros
Antonio González Pérez80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Juan Ant. Iglesias Rivas80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Ubaldo Estévez Alonso80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Ricardo Freitas Couñago80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Ángel Darroza Miñán80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Fco. Javier Paz Martínez80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Francisco Balado Val80.32114.95610.82718.5552.97516.064
Manuel Estévez García80.32114.95610.82718.5552.97516.064
José A. Araújo Romero80.32114.95610.82718.5552.97516.064
M. Antonio Álvarez Gaspar80.32114.95610.82718.5552.97516.064

-Mozo especialista
Serafín García Suárez80.3211712.6026.04945.0547.87720.080

ANEXO I (continuación)

Salario base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

transp.

Mellora

volunt.

Nocturno

Actividade

Comp.

persoal

Compl. tarde

Traballos

penosos

-Operario
Julio Gómez Barral80.32120.71210.8277.7992.9758.032

-Mozo cámara
Manuel Rodríguez Rodríguez80.3211423.5025.21222.27620.080
Agustín Doprado André80.32129312.4829.61816.064
Manuel Lourido Marqués80.32129312.4829.96716.064
Benito Alemparte Conde80.3211423.5025.2123.6468.42120.080

-Mozo picking
Pablo Fernández Burgo80.3211423.5025.21220.080
Abilio Fernández Oliva80.3211423.5025.21220.080
Florentino Pérez Alonso80.3211423.5025.21220.080
Pablo Pérez Rodríguez80.3211423.5025.21220.080

-Repartidor
Juan M. Rentero Frasquet87.55016.455
Manuel B. Iglesias Saínza87.55016.118
Francisco Rodríguez Costas87.55016.118
Álvaro Novas Cendón87.55015.824
Miguel A. Lorenzo Alfonso87.55016.171

Horas extraordinarias
Carretilleiro1.911ptas./hora
Administrativo1.941ptas./hora
Mozo peirao1.584ptas./hora
Mozo picking1.686ptas./hora

Bolsa de vacacións
Persoal procedente de Figodis55.567
Persoal procedento de Frinova23.738

ANEXO II

Salario base

* Persoal superior técnico
Xefe de servicio142.056
Inspector principal124.297
Enxeñeiros e licenciados130.404
Enxeñeiros técnicos e auxiliar titulado99.884
Axudantes técnicos sanitarios91.010

* Persoal administrativo
Xefe de sección103.582
Xefe de negociado96.184
Oficial de primeira89.612
Oficial de segunda82.138
Auxiliar administrativo77.909
Aspirante de 16 e 17 anos (salario mínimo segundo a súa idade)

* Persoal de axencias de transporte
Encargado xeral107.287
Encargado de almacén102.348
Capataz97.418
Auxiliar de almacén e basculeiro82.328
Mozo especializado2.859
Mozo de carga, descarga e reparto2.770

* Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de primeira107.287
Xefe de tráfico de segunda102.348
Xefe de tráfico de terceira97.418
Conductor mecánico3.135
Conductor3.077
Conductor de motos e furgonetas2.949
Axudante2.870

Salario base

Mozo especializado2.860
Mozo de carga, descarga e reparto2.770

* Persoal subalterno
Cobrador de facturas77.909
Telefonista77.909
Porteiro77.909
Vixilante77.909
Limpadora (por hora)471
Mozo dos recados de 16 e 17 anos (salario mínimo segundo a súa idade)