Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de xaneiro de 2001, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables que rexerán as axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega) e pola que se procede á súa convocatoria.

Advertido erro, na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 27, de mércores 7 de

febreiro de 2001, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 1.616, no primeiro parágrafo da primeira columna, que corresponde ó artigo 2º, onde di: «Os postos de traballo que se creen ó abeiro do previsto nas letras a) e b) deste artigo deberán estar cubertos por un período mínimo de cinco anos, contados desde o inicio da actividade», debe dicir: «Os postos de traballo que se creen ó abeiro do previsto nas letras a) e b) deste artigo deberán estar cubertos por un período mínimo de cinco anos, contados desde a contratación».