Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de febreiro de 2001, no que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó Concello de Caldas de Reis (Pontevedra).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do día 1 de febreiro de 2001, relativo á adxudicación provisional dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación pola corporación local de Caldas de Reis (Pontevedra), resulta necesario darlle publicidade, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de FM para a súa explotación polas corporacións locais. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 1 de febreiro de 2001, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora para a súa explotación pola corporación local de Caldas de Reis (Pontevedra), coas características técnicas que figuran no anexo que se xunta.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de febreiro de dous mil un adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, acorda adxudicar, con carácter provisional, a explotación dunha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó Concello de Caldas de Reis (Pontevedra), con expresión das características técnicas que corresponden á citada emisora.

O outorgamento da concesión, que habilitará para a posta en funcionamento da correspondente emisora, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución do presente acordo, de conformidade coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo».

As características técnicas que se asignan á citada emisora son as seguintes:

Provincia: PO.

Concello: Caldas de Reis.

F (Mhz): 107.4

Lonxitude: 8W3828.

Latitude: 43N3619.

Cota: 24.

HEFM: 37.5

PRAW: 50.

P: M (mixta).

D: N (non directiva).

Sector: -