Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador I.C.A. LU-050/2000-U.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, Estatuto da viña, do viño e dos alcois (BOE do 5 de decembro), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo (BOE do 10 e 11 de abril) posto que, intentada a notificación por correo certificado con xustificante de recepción, non se puido practicar.

Noméase instructor do procedemento a José Luis Caruncho Riola, funcionario desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de concorrer algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, en virtude da competencia atribuída polo Decreto 24/1984, do 23 de febreiro (DOG do 8 de marzo), e demais normativa aplicable. O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na Ronda da Muralla, nº 70-baixo 1º, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenintes e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora citado.

Lugo, 26 de xaneiro de 2001.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: I.C.A. LU-050/2000-U.

Denunciado: José Lino Barral Varela.

DNI: 33.326.451-A.

Enderezo: San Pedro Félix, 48, Muxa (Lugo).

Infracción: incumprimento da normativa vixente en materia de transporte de productos vitivinícolas.

Precepto sancionador: artigo 123.1º do Decreto 835/1972.

Sanción: dezaseis mil duascentas cincuenta pesetas.