Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 26 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se notifican as resolucións de extinción da renda de integración social de Galicia e reintegro de prestacións indebidamente percibidas, relacionadas no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta Delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas

básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro e DOG nº 36, do 22 de febreiro), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ó seren devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, requírense os abaixo citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (r/ Concepción Arenal, 7-9), para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que de non facelo así se terán por notificados cos efectos que correspondan.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Solicitante: Carro Fernández, Mª Jesús.

DNI: 32.423.296.

Resolución: extinción e cobramento indebido.

Causa: non comunicar variacións.

Fundamentos: artigo 32 e) da Lei 1/1999.

Solicitante: Duarte Terán, Ana Lucía.

DNI: 32.704.001.

Resolución: extinción e cobramento indebido.

Causa: non comunicar variacións.

Fundamentos: artigo 32 e) da Lei 1/1999.

Solicitante: Mosquera Fuentes, Enriqueta.

DNI: 32.387.466.

Resolución: extinción e cobramento indebido.

Causa: non comunicar variacións.

Fundamentos: artigo 32 e) da Lei 1/1999.