Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 14 e 15/2001.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución e presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da

Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 14/2001.

Acta inf. nº 1008/00.

Empresa: Seovar Construcciones, S.L.

NIF: B-15.429.772

Enderezo: avda. A Coruña, 9-1º A, O Burgo (Culleredo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 500.200 pesetas.

Expediente nº: 15/2001.

Acta inf. nº 1223/00.

Empresa: Muebles Junior, S.L.

NIF: B-15.013.543

Enderezo: Almeiras (Culleredo).

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 500.000 pesetas.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña