Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 590/2000.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 590/2000.

Acta nº: 967/2000.

Titular: Luciano Fernández Cubero.

DNI: 10.022.328-D.

Enderezo: José Mª Hernansáez, 4, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data da resolución: 29-12-2000.

Sanción: 250.100 pesetas.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña