Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 15 de febreiro de 2001 pola que se convocan subvencións a empresas vinculadas co sector audiovisual para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega, así como a producción audiovisual en lingua galega.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo establece as liñas de apoio ás diversas fases de producción audiovisual, co fin de potencia-la existencia en Galicia dunha auténtica industria audiovisual.

A través das axudas ó desenvolvemento dos proxectos audiovisuais en lingua galega preténdese fomentar unha das fases máis esenciais da producción audiovisual, como é a da posta a punto dos aspectos guionísticos e orzamentarios.

Enténdese por desenvolvemento de proxectos o conxunto de operacións que preceden á fase de producción propiamente dita, a rodaxe dunha obra audiovisual. O devandito concepto inclúe, en particular, a redacción do guión, a procura de socios, a preparación do plan financeiro da producción, a elaboración do plan de marketing e de distribución.

Para certos tipos de producción, considéranse como parte integrante do desenvolvemento da obra a investigación gráfica e a realización dun filme piloto (para as películas de animación), a busca de arquivos (para as produccións que valoren o patrimonio audiovisual europeo) e o desenvolvemento de software específico (para produccións multimedia).

Este procedemento de desenvolvemento culmina propiamente coa fase da producción pola que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo establece axudas para a producción audiovisual en lingua galega, co fin de fomenta-lo crecemento da industria audiovisual na nosa Comunidade Autónoma.

Por todo isto,

DISPOÑO:

I. Bases xenéricas para a concesión das subvencións.

Artigo 1º.-Obxecto e partida orzamentaria.

Convócanse subvencións, mediante réxime de concorrencia competitiva, para apoia-la lo desenvolve

mento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega e a realización de produccións audiovisuais en lingua galega.

As subvencións financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.353B.770 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, nos que existe un crédito para este efecto por un importe de cento cincuenta e catro millóns duascentas mil (154.200.000) pesetas.

Para aqueles proxectos que a empresa solicitante considere que teñen carácter plurianual, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá comprometer outras fases de realización dos proxectos para o ano 2002 destinando para o efecto o importe de 30.000.000 de pesetas ó amparo do disposto no artigo 58 do texto refundido de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán optar a estas subvencións as productoras audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituídas como tales, con enderezo social en Galicia. En todo caso nas bases específicas determinaranse os requisitos concretos que deben cumpri-los solicitantes para acceder a ambas modalidades.

Excepcionalmente, poderán concederse subvencións ás empresas productoras radicadas fóra da Comunidade galega sempre que se dean algunha das condicións seguintes:

a) Que a película teña por tema, o desenvolvemento ou localización a Comunidade galega.

b) Que polo menos o 25 por 100 da rodaxe ou gravación se realice na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que as personas integrantes dos equipos técnicos e artísticos que participen na elaboración sexan, polo menos un 30 por 100, orixinarias ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Motivos de exclusión.

Quedan excluídos os solicitantes que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e non xustificasen o seu investimento, así como proxectos encargados por terceiras persoas e as produccións didácticas e publicitarias.

Ademais quedan excluídos aqueles solicitantes que, para o mesmo proxecto, xa foran beneficiarios dunha axuda para a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores, convocadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 4º.-Solicitudes.

As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo os modelos que figuran como anexos desta orde, e presentarana no rexistro xeral

de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nos rexistros das delegacións provinciais, sen prexuízo dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Tanto para unha como para outra modalidade de axudas achegarase a seguinte documentación:

a) Copia cotexada do DNI do representante ou solicitante e acreditación suficiente da representación que exerza mediante poder notarial debidamente inscrito.

b) Copia cotexada da documentación acreditativa da constitución legal da empresa, do seu enderezo social en Galicia e da súa inscrición no Rexistro Mercantil.

c) Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.

d) Documentación cotexada e acreditativa da inscrición no correspondente Rexistro de Empresas do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

e) Copia cotexada do documento acreditativo de estar ó día no pagamento do imposto de actividades económicas.

f) Documentación cotexada e acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e/ou de posuí-los dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

g) Declaración de solicitudes efectuadas ou axudas concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas.

A esta documentación de carácter xeral engadiráselle a sinalada nas correspondentes bases específicas de cada unha das modalidades de subvención.

Artigo 5º.-Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse, segundo os modelos que figuran nos anexos, no prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo resultase ser sábado ou festivo, poderase presentar ó seguinte día hábil.

Artigo 6º.-Tramitación.

Os servicios competentes da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual tramitarán as solicitudes e instrumentarán os procedementos necesarios para a concesión das subvencións.

Así mesmo, correspóndelle a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual eleva-la proposta de concesión de axudas, dentro das dispoñibilidades económicas, ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que resolverá poñendo fin á vía administrativa.

Artigo 7º.-Comisión asesora.

Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha comisión asesora, de carácter consultivo, nomeada polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que estará presidida pola

directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual e composta polos seguintes vocais:

-Un vocal en representación da CRTVG.

-Un vocal en representación do sector audiovisual.

-Un vocal en representación das universidades de Galicia.

-Un vocal en representación do Centro Galego de Artes da Imaxe.

-Un vocal da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

-Actuará como secretario, con voz e sen voto, un funcionario da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

A comisión asesora poderá requirir dos solicitantes canta documentación complementaria considere precisa e informará única e exclusivamente sobre os criterios que figuran respectivamente nos artigos 17 e 23 desta orde, segundo a modalidade de subvención.

Os membros da comisión presentarán os seus informes previos dos proxectos, valorando cada criterio en catro niveis: moi favorable (10 puntos), favorable (8 puntos), pouco favorable (6 puntos) e desfavorable (4 puntos), e elaborarán un informe conxunto sobre os proxectos presentados.

Artigo 8º.-Resolución.

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de catro meses, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria. De non notificarse resolución favorable neste prazo entenderase desestimada a petición correspondente, podendo interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun mes previo ó recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 9º.-Prazo de aceptación.

Notificada a resolución de subvención, os beneficiarios deberán manifestar por escrito a súa aceptación comprometéndose a executa-lo proxecto subvencionado no prazo e condicións establecidas. De non recibirse a aceptación no prazo de dez días naturais entenderase que o beneficiario renuncia á subvención concedida e procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

Artigo 10º.-Garantías que hai que presentar.

De conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que

se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia será obrigatoria a prestación de garantías para a expedición de anticipos ou pagamentos parciais nos seguintes supostos:

a) Anticipos que superen os 5.000.000 de pesetas.

b) Pagos parciais cando a contía da subvención exceda de 5.000.000 de pesetas.

A garantía deberá cubri-lo importe dos anticipos ou pagamentos fraccionados xunto cos xuros destes calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude y como mínimo aquela en que se cumpran dous meses do remate do prazo de xustificación. A presentación da garantía realizarase ante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo de quince días a partir da notificación da resolución da concesión.

Artigo 11º.-Obrigacións do beneficiario.

Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidos. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá realiza-las oportunas comprobacións para o mellor coñecemento da efectiva realización do proxecto obxecto de axuda.

De igual maneira o beneficiario estará obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino de axudas.

Así mesmo, en concordancia co disposto no artigo 4º g), no momento de xustificación da execución total do proxecto, e en calquera caso, antes do último pagamento, o peticionario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente o en concorrencia coas concedidas a través de outras administracións públicas, supere o 100% do custo total da actividade subvencionada que deberá desenvolve-lo beneficiario.

Artigo 12º.-Pagamento.

O pagamento das subvencións realizarase de acordo coas disposicións orzamentarias que lle sexan de aplicación.

Para proceder a calquera pagamento os beneficiarios deberán presentar certificacións acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de

decembro, de medidas fiscais e orzamentarias, de función pública e de actuación administrativa. As devanditas certificacións serán expedidas para efectos de subvención.

Artigo 13º.-Perda da subvención.

O incumprimento por parte do beneficiario de calquera requisito desta orde facultará a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para instruír expediente sancionador, conforme o previsto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias, de función pública e de actuación administrativa e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houbese, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

II. Bases específicas para a concesión das subvencións.

A) Subvencións para o desenvolmento de proxectos de producción audiovisual.

Artigo 14º.-Tipos de proxectos.

Será obxecto de subvención o desenvolvemento dos siguintes proxectos:

a) Longametraxes cinematográficos.

b) Telefilmes.

c) Series de televisión.

d) Produccións multimedia.

e) Documentais.

Os devanditos proxectos terán a consideración que se sinala no artigo 22º.

Artigo 15º.-Beneficiarios de subvención ó desenvolvemento.

Poderán optar a estas subvencións as productoras audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituídas en Galicia e que teñan acordo ou contrato como mínimo, cun guionista para desenvolver algún proxecto dos tipos sinalados no artigo anterior.

Artigo 16º.-Documentación técnica que hai que presentar.

Ademais da documentación sinalada no artigo 4º da presente orde, achegaranse sete exemplares encadernados de:

-Memoria explicativa do proxecto.

-Sipnose, tratamento e/o borrador de guión, con especificación da situación dos dereitos de autor correspondentes.

-Orzamento das actividades de desenvolvemento.

-Acordo ou contrato co guionista.

Artigo 17º.-Criterios.

A proposta da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual elaborarase tendo en conta os seguintes aspectos:

-Interese do proxecto e calidade artística (orixinalidade e creatividade del).

-Viabilidade da execución do proxecto unha vez desenvolvido no marco da industria audiovisual galega.

-Axuste entre o proxecto e o orzamento de desenvolvemento, así como a viabilidade do seu financiamento.

Artigo 18º.-Importe máximo subvencionable.

A contía das subvencións non poderá exceder do 50% do custo total.

Artigo 19º.-Xustificación.

O proceso de desenvolvemento deberá terminar antes do 1 de novembro do presente exercicio orzamentario.

A documentación que integrará a xustificación do efectivo desenvolvemento do proxecto constará de:

a) Xustificantes materias da realización dos investimentos correspondentes á elaboración do plan de marketing e de distribución así como a súa relación detallada, aspectos que, de conformidade coa exposición de motivos, constitúen a fase de desenvolvemento.

b) Un exemplar do guión definitivo en galego.

c) Un exemplar do plan de producción definitivo.

Artigo 20º.-Copias do proxecto.

Na futura documentación do proxecto e nos títulos de crédito da producción resultante farase constar que recibiu unha subvención ó seu desenvolvemento por parte da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, da Xunta de Galicia coa súa imaxe corporativa.

B) Subvencións a producción audiovisual en lingua galega.

Artigo 21º.-Tipos de proxectos.

Para efectos de clasificación dos proxectos, terán a consideración de:

a) Curtametraxes, as produccións cinematográficas de duración inferior a sesenta minutos.

b) Longametraxes, as produccións cinematográficas de duración igual ou superior a sesenta minutos.

c) Vídeo-creación, os proxectos que expresen unha clara vontade de experimentación formal.

d) Telefilmes, películas dirixidas a emisión en televisión.

e) Programas pilotos de series de televisión, os que mostren mediante un capítulo a viabilidade dun proxecto de serie televisiva.

f) Documentales, as produccións informativas de algún aspecto da realidade sen empregar como principal instrumento a ficción.

g) Produccións multimedia, as que conxuguen o emprego de medios informáticos e audiovisuais tanto na súa elaboración como no seu consumo.

Artigo 22º.-Documentación técnica que hai que presentar.

Ademais da documentación sinalada no artigo 3º da presente orde, achegarase a seguinte documen

tación, en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.

Sete exemplares:

a) Memoria explicativa (2 páx. máximo).

b) Sinopse do proxecto (2 páx. máximo).

c) Guión definitivo da producción.

d) Historial da empresa e relación de membros do equipo.

e) Plan de producción con orzamento total.

f) Plan de financiamento, con expresión das contribucións doutras entidades, organismos ou institucións e documentalmente acreditado.

g) Calendario de investimento para a execución do traballo, indicando a parte correspondente que se vai executar cada ano no caso de proxectos plurianuais.

h) Calquera outra documentación que o solicitante estime pertinente para a mellor defensa do proxecto.

Artigo 23º.-Criterios.

A proposta da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual elaborarase tendo en conta os seguintes aspectos:

-Calidade do proxecto (grao de desenvolvemento, elaboración, axuste entre o proxecto e o orzamento, presentación a outras convocatorias de axuda).

-Utilización de recursos de Galicia (personal artístico, técnico e servicios instalados en Galicia, así como a rodaxe na Comunidade Autónoma).

-Viabilidade do proxecto (grao de financiamento garantizado, porcentaxe de axuda solicitada, compromisos de distribución).

-Capacidade empresarial do solicitante ou grupo de empresas que apoia o proxecto (facturación, proxectos realizados, persoal).

-Calidade artística (orixinalidade e creatividade do proxecto).

Artículo 24º.-Contía.

A contía das subvencións quedará determinada da seguinte forma:

1. Proxectos de curtametaxe: ata o 60% do custo total.

2. Proxectos de longametraxe: ata o 40% do custo total.

3. Proxectos de documentais: ata o 60% do custo total.

4. Proxectos de vídeo-creación: ata o 60% do custo total.

5. Proxectos de telefilmes: ata o 40% do coste total.

6. Proxectos de programas pilotos de series de televisión: ata o 50% do custo total.

7. Proxectos de producción multimedia: ata o 60% do custo total.

Artigo 25º.-Obrigacións do beneficiario.

1. As produccións subvencionadas terán que axustarse fielmente ó proxecto presentado. Calquera modificación no proxecto ou no equipo técnico e artístico deberá ser notificada á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que decidirá o que proceda e adoptará as medidas que considere procedentes.

2. As productoras subvencionadas deberán comunicarlle á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a data de iniciación e finalización da rodaxe ou gravación da producción subvencionada, no caso de que estas varíen respecto das previsións do proxecto.

Artigo 26º.-Xustificación de gastos.

As productoras subvencionadas quedarán obrigadas a presentar un resumo dos investimentos realizados antes do 1 de novembro de cada exercicio económico do que se trate, entregando á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo xustificación do investimento efectuado mediante xustificantes orixinais, ou fotocopia compulsada, dos gastos realizados así como a súa relación detallada e, no último ano, ademais da xustificación correspondente, a entrega de dúas copias da producción resultante e un vídeo promocional á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 27º.-Copias.

Nos títulos de crédito da producción, así como en toda a publicidade que dela se faga, farase constar que a producción foi subvencionada pola Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

As copias entregadas á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que sempre deberán ser en lingua galega, quedarán depositadas no Centro Galego de Artes da Imaxe da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, para a súa conservación e uso con fins culturais e de promoción do audiovisual galego. Para tal fin, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá realizar cantas copias considere precisas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo