Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Cementos Cosmos, S.A.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para a empresa Cementos Cosmos, S.A. (código 2700102), da provincia de Lugo, asinado o día 16 de xaneiro de 2001 pola representación da dita empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do dito convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta de acordos da comisión negociadora do

convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A.

Factoría de Oural, para 2000 e 2001 sobre

revisión salarial para 2000 e 2001

Asistentes:

Pola representación dos traballadores:

-Mario S. Camino López.-Jesús López Sanmartín.

-José A. Ingerto Díaz.-Manuel González López.-José Manuel Campo López.-Francisco López López.-Fernando Pérez Rodríguez.-Antonio Guitián Docasar.-Amador Alvaredo Vázquez.-José Antonio Yáñez Ortiz.

Pola dirección da empresa:

-Luis Fugarolas Vila.-José A. Valcárcel Tallos.-Antonio Valverde Pampillón.-Miguel Rodríguez del Río.

En Oural, Factoría de Cementos Cosmos, S.A., o día 16 de xaneiro de 2001, reúnense as persoas citadas no encabezamento, co fin de proceder á sinatura da revisión salarial do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural, para 2000 y 2001, o cal levan a efecto conforme os seguintes acordos:

Primeiro.-Dar por finalizadas as deliberacións para a aplicación do disposto na disposición adicional primeira e o artigo 18 do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural, para 2000 e 2001, sobre revisión salarial por aplicación da cláusula de garantía salarial por IPC e incremento salarial para 2001.

Segundo.-Aprobar por unanimidade dos compoñentes da comisión negociadora as táboas salariais para 2000, revisadas en función do IPC e as táboas salariais con vixencia do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001, que figuran como anexos a esta acta.

Terceiro.-Os atrasos derivados da revisión correspondente ó ano 2000 serán aboados no primeiro trimestre do ano.

Cuarto.-Remitirlle o dito texto á autoridade laboral para o seu rexistro e depósito e posterior publicación no boletín oficial correspondente. Para a realización destas tarefas facúltase a José Antonio Valcárcel Tallos.

E sen outros asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión, asinando os presentes en proba da súa conformidade con todo o exposto.