Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de febreiro de 2001 pola que se clasifica como de interese social a Fundación para a Defensa dos Consumidores (Fundeco).

Visto o expediente de clasificación da Fundación Para a Defensa dos Consumidores (Fundeco), con domicilio en Santiago de Compostela (A Coruña).

Supostos de feito.

1. María José Liste López, na súa calidade de vocal do padroado da fundación, en escrito do 4 de decembro de dous mil, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela o día sete de xullo de mil novecentos noventa e nove, ante o notario Manuel Peregil Cambón, co número mil novecentos catro bis do seu protocolo, por Jesús Mosquera Sueiro, José Benito Núñez López, Raquel García Tiagonce e María José Liste López; interveñen todos no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos o obxecto da fundación é:

a) Fomenta-lo coñecemento e a difusión dos dereitos dos consumidores e usuarios.

b) Contribuir á formación e información dos consumidores e usuarios.

c) Promover a través de tódolos medios de actuación posibles o desenvolvemento e progreso dos consumidores e usuarios, así como, velar pola súa protección contra os riscos que poidan afecta-la súa seguridade, saúde e patrimonio.

d) A correcta formación, información e educación dos consumidores e usuarios sobre temas de interese colectivo e de maneira especial fomenta-las pautas de consumo que indiquen a unha utilización racional dos recursos naturais e sexan respectuosos con tal fin.

e) Contribuír ó estudio e á investigación das formas de participación dos consumidores e usuarios nos programs e accións de protección, cooperación e defensa dos seus dereitos económicos e sociais.

f) Velar polo dereito dos consumidores e usuarios, e polo seu dereito a ser reparados os danos e prexuízos que se lles causen con ocasión do consumo.

g) A participación nos procedementos de elaboración de disposicións xerais que afecten directamente os intereses dos consumidores e usuarios.

h) A protección xurídica, administrativa e técnica nas situacións de inferioridade, subordinación ou indefensión.

i) Promover e realizar toda clase de actividades e servicios de orientación, asesoramento en materia fiscal, económica e xurídica dos consumidores ou

usuarios, así como realizar actividades de colaboración nese campo, con outras entidades que teñan similares fins de defensa de interese colectivo.

4. O padroado da fundación estará integrado Jesús Mosquera Sueiro como presidente, José Benito Núñez López como secretario e José Luis Crespo Garrido, Raquel García Tiagonce, Francisco Xavier Carro Garrote, Manuel Golpe Gómez, Luis Sánchez Gala, Julia Martínez González, José Tomé Roca, José Quintáns Paredes, Rosa Arcos Caamaño, María José Liste López, Carmen Refojo Rodríguez, Beatriz Soneira Tajes, María del Carmen Gallego Calvar e José Manuel Liste García como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Para a Defensa dos Consumidores (Fundeco), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día seis de febreiro de dous mil un.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación Para a Defensa dos Consumidores (Fundeco) e ads

cribila á Consellería de Industria e Comercio que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, sete de febreiro de dous mil un.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública