Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.420

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de febreiro de 2001 pola que se suprimen determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que «a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos».

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou dirario oficial correspondente.

En consonancia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Servicio Galego de Saúde e centros dependentes deste, proceden a dar de baixa no rexistro xeral da Axencia de Protección de Datos, os ficheiros, así como as localizacións, que se relacionan no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-Destino.

Os datos de carácter persoal que causaron baixa segundo o disposto no artigo anterior serán incluídos dentro da declaración de ficheiros existentes na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Servicio Galego de Saúde e centros dependentes deste.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de centros, nos que se procede a dar de baixa os ficheiros referenciados

Centro Ficheiros

Centro de Atención Primaria Concepción Arenal (Santiago de Compostela)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Centro de Atención Primaria (Lugo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Centro de Atención Primaria Número 2 (A Coruña)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Centro de Atención Primaria Número 3 Área Sur (Vigo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Centro de Atención Primaria Número 4 Área Norte (Pontevedra)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Centro de Atención Primaria Número 6 (Ourense)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Centro de Atención Primaria Número 7 (Ferrol)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos (Ferrol)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza (A Coruña)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Cristal Piñor (Ourense)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Xeral de Galicia Gil Casares (Santiago de Compostela)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Xeral Calde (Lugo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Xeral Cíes (Vigo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos (Ferrol)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Fundación Centro de Transfusión de Galicia (Santiago de Compostela)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Fundación Hospital de Verín (Ourense)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitarios

Hospital Comarcal da Costa de Burela (Lugo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras (Ourense)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Hospital Médico Cirúrxico e Psiquiátrico de Conxo (Santiago de Compostela)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Hospital O Meixoeiro (Vigo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Hospital Montecelo (Pontevedra)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Hospital Santa María Nai (Ourense)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Servicio Especial de Urxencias (A Coruña)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario

Servicio Especial de Urxencias (Vigo)Historias clínicas

Xestión de persoal

Usuarios do sistema sanitario