Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.414

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de febreiro de 2001 pola que se crean determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que «a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos».

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consonancia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Sergas crean os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, deberá indicarse nas disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, creados polo presente orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposo de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órganos responsables da seguridade dos ficheiros.

Serán responsables dos ficheiros as persoas ou órganos que, en cada caso, figuran no anexo e ante os que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, sen prexuízo da responsabiliade directa que na xestión e custodia dos datos corresponda ó empregado público que estea ó cargo do ficheiro correspondente.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Servicio Galego de Saúde.

Xestión de Persoal.

-Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Xestión de persoal, contratacións, baixas, xubilacións, conceptos, retribucións, control de absentismo, estatísticas de persoal, elaboración da nómina e todo o relacionado coa xestión de persoal dun centro.

Utilización como ferramenta na confección de estatísticas.

-Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas con vinculación laboral ou profesional co centro.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* Datos relativos a afiliación sindical.

* Datos relativos a saúde.

* Datos relativos a infraccións administrativas.

* Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e nº de rexistro persoal.

* Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, sexo e nacionalidade.

* Datos de circunstancias sociais: situación militar e licencias/permisos/autorizacións.

* Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional e pertenza a asociacións profesionais.

* Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina e historial do traballador.

* Datos económico-financeiros: ingresos/rendas, créditos/préstamos/avais, datos bancarios, datos económicos de nómina, seguros e datos de deduccións impositivas/impostos.

-Cesións previstas.

* Ministerio de Economía e Facenda.

* Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

* Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

* Organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Socias, Servicio Galego de Saúde

-Servicio ou unidade ante a que puidese exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

* A Coruña.

> Secretaría Xeral do Sergas.

> C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

> C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

> C.H. Universitario de Santiago.

> F.P.H. Virxe da Xunqueira-Cee.

> F.P.H. de Barbanza.

> Xerencia de Atención Primaria da Coruña.

> Xerencia de Atención Primaria de Santiago.

> Xerencia de Atención Primaria de Ferrol.

* Lugo.

> C.H. Xeral-Calde.

> H. Costa da Burela.

> H. Comarcal de Monforte.

> Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

* Ourense.

> C.H. de Ourense.

> H. O Barco de Valdeorras.

> F.H. de Verín.

> Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

* Pontevedra.

> C.H. de Pontevedra.

> C.H. Xeral-Cíes.

> H. do Meixoeiro.

> Nicolás Peña.

> Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra.

> Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

Historias clínicas.

-Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Datos da historia clínica do paciente para o seguimento deste, xestión da actividade asistencial, xestión financeira, facturación, actividade docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

-Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ó sistema sanitario.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Enquisas ou entrevistas.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* Datos especialmente protexidos: relixión, saúde e vida sexual.

* Datos de carácter identificativo: identificación do paciente no ficheiro de Usuarios do Sistema Sanitario.

* Datos de características persoais: datos de familia, data/lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas, sexo, idade, datos de conducta e antecedentes persoais e familiares psiquiátricos.

* Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento/vivenda, aficións e estilo de vida, situación familiar de convivencia e situacións de risco social.

* Datos académicos e profesionais: formación/titulacións.

* Datos de detalles de emprego: situación laboral, posto de traballo e sector de actividade.

* Datos económicos-financeiros e de seguros: ingreso, rendas e seguros.

-Cesións previstas.

* Ministerio de Sanidade.

* Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

* Organismos oficiais estatísticos.

* Outros organismos sanitarios.

* Provedores de material de próteses ou implantes.

-Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Socias, Servicio Galego de Saúde.

-Servicio ou unidade ante a que puidese exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados

* A Coruña.

> Secretaría Xeral do Sergas.

> C.H Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

> C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

> C.H. Universitario de Santiago.

> F.P.H. Virxe da Xunqueira-Cee.

> F.P.H de Barbanza.

> C. S. Abente e Lago.

> C. S. Adormideras.

> C.S. Perillo.

> C.S. Betanzos.

> C.S. Cambre.

> C.S. Carballo.

> C.S. Casa do Mar.

> C.S. Castrillón.

> C.S. Cee.

> C.S. Culleredo.

> C.S. Elviña-Mesoiro.

> C.S. Federico Tapia.

> C.S. Fisterra.

> C.S. Labañou.

> C.S. Sada.

> C.S. San José.

> C.S. Ventorrillo.

> C.S. As Pontes.

> C.S. Caranza.

> C.S. Fene.

> C.S. Fontenla-Maristany.

> C.S. Narón.

> C.S. Ortigueira.

> C.S. Pontedeume.

> C.S. Serantes.

> C.S. Boiro.

> C.S. Concepción Arenal.

> C.S. As Fontiñas.

> C.S. Muros.

> C.S. Noia.

> C.S. Ordes.

> C.S. Padrón.

> C.S. Porto do Son.

> C.S. A Pobra do Caramiñal.

> C.S. Ribeira.

> C.S. Santa Comba.

> C.S. Vite.

> Secretaría Xeral.

* Lugo.

> C.H. Xeral-Calde.

> H. Costa da Burela.

> H. Comarcal de Monforte.

> C.S. Burela.

> C.S. Chantada.

> C.S. Fingoi.

> C.S. A Fonsagrada.

> C.S. Foz.

> C.S. Islas Canarias.

> C.S. Milagrosa.

> C.S. Mondoñedo.

> C.S. Monforte de Lemos.

> C.S. Quiroga.

> C.S. Ribadeo.

> C.S. Sagrado Corazón.

> C.S. San Roque.

> C.S. Sarria.

> C.S. Vilalba.

> C.S. Viveiro.

* Ourense.

> C.H. de Ourense.

> H. O Barco de Valdeorras.

> F.H. de Verín.

> C.S. O Barco.

> C.S. A Ponte.

> C.S. Allariz.

> C.S. Carballeira.

> C.S. O Carballiño.

> C.S. Celanova.

> C.S. Mariñamansa.

> C.S. Novoa Santos.

> C.S. Ribadavia.

> C.S. Valle Inclán.

> C.S. Verín.

> C.S. Xinzo.

* Pontevedra.

> C.H. de Pontevedra.

> C.H. Xeral-Cíes.

> H. do Meixoeiro.

> Nicolás Peña.

> C.S. A Cañiza.

> C.S. A Estrada.

> C.S. Baltar.

> C.S. Bueu.

> Casa do Mar de Marín.

> C.S. Lalín.

> C.S. Lérez.

> C.S. O Grove.

> C.S. Silleda.

> C.S. Valga.

> C.S. Vilagarcía (San Roque).

> C.S. Virxe Peregrina.

> C.S. A Doblada.

> C.S. Beiramar.

> C.S. Bembrive.

> C.S. Cangas.

> C.S. Casa do Mar de Baiona.

> C.S. Coruxo.

> C.S. Chapela.

> C.S. Lavadores.

> C.S. Pintor Colmeiro.

> C.S. O Porriño.

> C.S. Ponteareas.

> C.S. Redondela.

> C.S. Sárdoma.

> C.S. Teis.

> C.S. Tui.

> C.S. Vigo (Centro).

> C.S. Coia.

> C.S. Mos.

> C.S. Casco Vello.

> C.S. Matamá.

> C.S. Salvaterra.

Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

Usuarios do sistema sanitario.

-Finalidade e usos previstos do ficheiro.

* Coñece-la identidade do paciente, así como os seus datos persoais para a identificación e asociación de datos da historia clínica, xestión da actividade financeira, docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

-Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ó sistema sanitario.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e C.I.P.

* Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, sexo, nacionalidade, lingua materna e datos de tarxeta sanitaria.

* Datos académicos e profesionais: formación/titulacións.

-Cesións previstas.

* Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

* Outros organismos sanitarios.

-Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Socias, Servicio Galego de Saúde e a Subdirección de Información Sanitaria.

-Servicio ou unidade ante a que puidese exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados (para o Sergas).

* A Coruña.

> Secretaría Xeral do Sergas.

> C.H Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

> C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

> C.H. Universitario de Santiago.

> F.P.H. Virxe da Xunqueira-Cee.

> F.P.H de Barbanza.

> C. S. Abente e Lago.

> C. S. Adormideras.

> C.S. Perillo.

> C.S. Betanzos.

> C.S. Cambre.

> C.S. Carballo.

> C.S. Casa do Mar.

> C.S. Castrillón.

> C.S. Cee.

> C.S. Culleredo.

> C.S. Elviña-Mesoiro.

> C.S. Federico Tapia.

> C.S. Fisterra.

> C.S. Labañou.

> C.S. Sada.

> C.S. San José.

> C.S. Ventorrillo.

> C.S. As Pontes.

> C.S. Caranza.

> C.S. Fene.

> C.S. Fontenla-Maristany.

> C.S. Narón.

> C.S. Ortigueira.

> C.S. Pontedeume.

> C.S. Serantes.

> C.S. Boiro.

> C.S. Concepción Arenal.

> C.S. As Fontiñas.

> C.S. Muros.

> C.S. Noia.

> C.S. Ordes.

> C.S. Padrón.

> C.S. Porto do Son.

> C.S. A Pobra do Caramiñal.

> C.S. Ribeira.

> C.S. Santa Comba.

> C.S. Vite.

* Lugo.

> C.H. Xeral-Calde.

> H. Costa da Burela.

> H. Comarcal de Monforte.

> C.S. Burela.

> C.S. Chantada.

> C.S. Fingoi.

> C.S. A Fonsagrada.

> C.S. Foz.

> C.S. Islas Canarias.

> C.S. Milagrosa.

> C.S. Mondoñedo.

> C.S. Monforte de Lemos.

> C.S. Quiroga.

> C.S. Ribadeo.

> C.S. Sagrado Corazón.

> C.S. San Roque.

> C.S. Sarria.

> C.S. Vilalba.

> C.S. Viveiro.

* Ourense.

> C.H. de Ourense.

> H. O Barco de Valdeorras.

> F.H. de Verín.

> C.S. O Barco.

> C.S. A Ponte.

> C.S. Allariz.

> C.S. Carballeira.

> C.S. O Carballiño.

> C.S. Celanova.

> C.S. Mariñamansa.

> C.S. Novoa Santos.

> C.S. Ribadavia.

> C.S. Valle Inclán.

> C.S. Verín.

> C.S. Xinzo.

* Pontevedra.

> C.H. de Pontevedra.

> C.H. Xeral-Cíes.

> H. do Meixoeiro.

> Nicolás Peña.

> C.S. A Cañiza.

> C.S. A Estrada.

> C.S. Baltar.

> C.S. Bueu.

> Casa do Mar de Marín.

> C.S. Lalín.

> C.S. Lérez.

> C.S. O Grove.

> C.S. Silleda.

> C.S. Valga.

> C.S. Vilagarcía (San Roque).

> C.S. Virxe Peregrina.

> C.S. A Doblada.

> C.S. Beiramar.

> C.S. Bembrive.

> C.S. Cangas.

> C.S. Casa do Mar de Baiona.

> C.S. Coruxo.

> C.S. Chapela.

> C.S. Lavadores.

> C.S. Pintor Colmeiro.

> C.S. O Porriño.

> C.S. Ponteareas.

> C.S. Redondela.

> C.S. Sárdoma.

> C.S. Teis.

> C.S. Tui.

> C.S. Vigo (Centro).

> C.S. Coia.

> C.S. Mos.

> C.S. Casco Vello.

> C.S. Matamá.

> C.S. Salvaterra.

Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

Oposicións, concursos e contratación temporal de persoal.

-Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Confección de listas para a contratación de persoal e publicación delas.

-Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que solicitan acceso a procedementos de selección de persoal.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./mutualidade, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

* Datos de características persoais: data/lugar de nacemento.

* Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, historial de estudiante e experiencia profesional.

* Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao e historial do traballador.

-Cesións previstas.

* Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

* Órganos sindicais.

-Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Socias, Servicio Galego de Saúde e División de Recursos Humanos.

-Servicio ou unidade ante a que puidese exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados (para o Sergas).

* A Coruña.

> Secretaría Xeral do Sergas.

> Dirección Provincial da Coruña.

* Lugo.

> Dirección Provincial de Lugo.

* Ourense.

> Dirección Provincial de Ourense.

* Pontevedra.

> Dirección Provincial de Pontevedra.

Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

Relacións comerciais e económicas con terceiros.

-Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Seguimento e control das relacións comerciais e económicas con terceiros: provedores, investigadores, aseguradores e traballadores. Ofertas comerciais facilitadas por provedores. Elaboración de estatísticas e comparativas de xestión. Control económico interno.

-Persoas e/ou colectivos afectados.

Calquera persoa física ou xurídica con relacións económicas co centro.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

* Datos de información comercial: actividades e negocios.

* Datos económico-financeiros: datos bancarios.

* Datos de transaccións: bens e servicios subministrados polo afectado e transaccións financeiras.

-Cesións previstas.

* Ministerio de Economía e Facenda.

* Consellería de Economía e Facenda.

* Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Socias, Servicio Galego de Saúde.

-Servicio ou unidade ante a que puidese exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

* A Coruña.

> Secretaría Xeral do Sergas.

> C.H Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

> C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

> C.H. Universitario de Santiago.

> F.P.H. Virxe da Xunqueira-Cee.

> F.P.H de Barbanza.

> Xerencia de Atención Primaria da Coruña.

> Xerencia de Atención Primaria de Santiago.

> Xerencia de Atención Primaria de Ferrol.

* Lugo.

> C.H. Xeral-Calde.

> H. Costa da Burela.

> H. Comarcal de Monforte.

> Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

* Ourense.

> C.H. de Ourense.

> H. O Barco de Valdeorras.

> F.H. de Verín.

> Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

* Pontevedra.

> C.H. de Pontevedra.

> C.H. Xeral-Cíes.

> H. do Meixoeiro.

> Nicolás Peña.

> Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra.

> Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

Xestión de usuarios e passwords dos sistemas.

-Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Xestión e control de accesos ós sistemas UNIX e NT: dominio Sergas e dominio Sergas2.

-Persoas e/ou colectivos afectados.

Calquera persoa física que teña relación laboral co Sergas e que sexa usuario dos sistemas informáticos.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos e teléfono.

* Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo e enderezo do centro de traballo.

-Cesións previstas.

* Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Socias, Servicio Galego de Saúde.

-Servicio ou unidade ante a que puidese exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

* A Coruña.

> Secretaría Xeral do Sergas.

> C.H Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

> C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

> C.H. Universitario de Santiago.

> F.P.H. Virxe da Xunqueira-Cee.

> F.P.H de Barbanza.

> C. S. Abente e Lago.

> C. S. Adormideras.

> C.S. Perillo.

> C.S. Betanzos.

> C.S. Cambre.

> C.S. Carballo.

> C.S. Casa do Mar.

> C.S. Castrillón.

> C.S. Cee.

> C.S. Culleredo.

> C.S. Elviña-Mesoiro.

> C.S. Federico Tapia.

> C.S. Fisterra.

> C.S. Labañou.

> C.S. Sada.

> C.S. San José.

> C.S. Ventorrillo.

> C.S. As Pontes.

> C.S. Caranza.

> C.S. Fene.

> C.S. Fontenla-Maristany.

> C.S. Narón.

> C.S. Ortigueira.

> C.S. Pontedeume.

> C.S. Serantes.

> C.S. Boiro.

> C.S. Concepción Arenal.

> C.S. As Fontiñas.

> C.S. Muros.

> C.S. Noia.

> C.S. Ordes.

> C.S. Padrón.

> C.S. Porto do Son.

> C.S. A Pobra do Caramiñal.

> C.S. Ribeira.

> C.S. Santa Comba.

> C.S. Vite.

* Lugo.

> C.H. Xeral-Calde.

> H. Costa da Burela.

> H. Comarcal de Monforte.

> C.S. Burela.

> C.S. Chantada.

> C.S. Fingoi.

> C.S. A Fonsagrada.

> C.S. Foz.

> C.S. Islas Canarias.

> C.S. Milagrosa.

> C.S. Mondoñedo.

> C.S. Monforte de Lemos.

> C.S. Quiroga.

> C.S. Ribadeo.

> C.S. Sagrado Corazón.

> C.S. San Roque.

> C.S. Sarria.

> C.S. Vilalba.

> C.S. Viveiro.

* Ourense.

> C.H. de Ourense.

> H. O Barco de Valdeorras.

> F.H. de Verín.

> C.S. O Barco.

> C.S. A Ponte.

> C.S. Allariz.

> C.S. Carballeira.

> C.S. O Carballiño.

> C.S. Celanova.

> C.S. Mariñamansa.

> C.S. Novoa Santos.

> C.S. Ribadavia.

> C.S. Valle Inclán.

> C.S. Verín.

> C.S. Xinzo.

* Pontevedra.

> C.H. de Pontevedra.

> C.H. Xeral-Cíes.

> H. do Meixoeiro.

> Nicolás Peña.

> C.S. A Cañiza.

> C.S. A Estrada.

> C.S. Baltar.

> C.S. Bueu.

> Casa do Mar de Marín.

> C.S. Lalín.

> C.S. Lérez.

> C.S. O Grove.

> C.S. Silleda.

> C.S. Valga.

> C.S. Vilagarcía (San Roque).

> C.S. Virxe Peregrina.

> C.S. A Doblada.

> C.S. Beiramar.

> C.S. Bembrive.

> C.S. Cangas.

> C.S. Casa do Mar de Baiona.

> C.S. Coruxo.

> C.S. Chapela.

> C.S. Lavadores.

> C.S. Pintor Colmeiro.

> C.S. O Porriño.

> C.S. Ponteareas.

> C.S. Redondela.

> C.S. Sárdoma.

> C.S. Teis.

> C.S. Tui.

> C.S. Vigo (Centro).

> C.S. Coia.

> C.S. Mos.

> C.S. Casco Vello.

> C.S. Matamá.

> C.S. Salvaterra.

Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.