Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (117/2000).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas nº 117/2000, por coaccións, nos que recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte

Sentencia. Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 117/2000, seguidos neste xulgado sobre coaccións, nos que son partes o denunciante Roberto Parrado Santos e o denunciado, Javier Ouro Rodríguez.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Javier Ouro Rodríguez da falta de coaccións pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Roberto Ramiro Parrado, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, o vintecinco de xaneiro de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado