Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/219-2, 5564 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: reelectrificación de Castelo de Cais.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 893 m de lonxitude, con orixe en L.M.T. a C.T. Vilaluz e final en C.T. Castelo de Cais en conductor LA-56. C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de 270 m de lonxitude en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo