Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: reelectrificación de Tor.
Situación: Monforte de Lemos.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56, con orixe en L.M.T. Vilamaior e final en C.T. Vilaguisada, de 22 m de lonxitude. C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de 400 m de lonxitude en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 3 de xaneiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo