Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4049/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación de Cofradía de Cedeira, contra orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 27-12-2000, pola que se aproba o Plan de Explotación Xeral Marisqueiro para o ano 2001 (DOG nº 3, do 4 de xaneiro).

Recurso número: 02/0004049/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado