Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 73/2000 PAN por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícase a Panadería-Bolería-Confitería Maravillas, S.L., con domicilio na rúa Doutor Cadaval nº 20 baixo, do Concello de Vigo a resolución do expediente sancionador nº 73/2000 PAN por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Pro

vincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, e que consta nos locais da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, (Camiño Francés, 10, baixo. Santiago de Compostela), para que o expedientado poida ter coñecemento do contido desta.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo de 30 días contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2001.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

-Expediente-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

73/2000 PANPanadería-Bolería-Confitería Maravillas, S.L.

Doutor Cadaval, nº 20-baixo Vigo

Infracción en materia sanitaria.Art. 35B) da Lei 14/1986 (xeral de sanidade) Art. 2.3.4 do R.D. 1945/1983Lei 14/1986 (xeral de sanidade) R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións)200.000 pesetas