Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación do proxecto e execución dun artefacto flotante equipado e certificado para a realización de prácticas de mergullo en augas profundas e medio aberto para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura-Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras. Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños. 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 39. Fax: 981 54 61 38.

2. a) Modalidade de adxudicación: procedemento aberto.

b) forma do contrato: concurso.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa. Illa de Arousa-Pontevedra.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: proxecto e execución dun artefacto flotante equipado e certificado para a realización de prácticas de mergullo en augas profundas e medio aberto para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Orzamento total: oitenta e catro millóns de pesetas (84.000.000 de pesetas/504.850,167 euros), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: cada lici-

tador deberá presentar ofertas polo total da subministración (non existen lotes).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: véxase o prego de características/bases técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 28 de febreiro de 2001.

Así mesmo poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=142.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 5 de marzo de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 13.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na sala de xuntas da consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, ás 11 horas do día 13 de marzo de 2001.

8. Garantías esixidas:

-Provisional: 1.680.000 pesetas//10.097,003 euros.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que deben satisface-los subministradores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Poderanse presentar variantes segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Información complementaria: as proposicións serán presentadas ou remitidas por correo ó Rexistro Xeral da consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano. 15781 Santiago de Compostela. A Coruña.

14. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 11 de xaneiro de 2001.

15. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

16. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación