Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a adxudicación do contrato de obras do Centro Tecnolóxico do Mar.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

2. Obxecto do contrato: proxecto de obras da sede do Centro Tecnolóxico do Mar. Bouzas-Vigo, segundo o proxecto redactado en setembro de 2000 polo estudio de arquitectura Guillén, Mateos y Llopiz Arquitectos, aprobado por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación con data do 6 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Resolución do 8 de novembro de 2000 (DOG nº 220, do 14 de novembro). Corrección de erros no DOG nº 222, do 16 de novembro de 2000).

5. Orzamento base de licitación: o orzamento de execución acada a cifra de cento seis millóns novecentas noventa mil cincocentas trinta e dúas pesetas (106.990.532 pesetas), en dúas anualidades, das que noventa millóns de pesetas (90.000.000 de pesetas) se financian con cargo ó orzamento en vigor para o ano 2000 e dezaseis millóns novecentas noventa mil cincocentas trinta e dúas pesetas (16.990.532 pesetas) con cargo ó orzamento de 2001.

6. Adxudicación.

a) Data: 18 de decembro de 2000.

b) Contratista e importe da adxudicación: Oreco, S.A. por importe de cento seis millóns catrocentas cincuenta e cinco mil cincocentas setenta e nove pesetas (106.455.579 pesetas).

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2001.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura