Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico de Pena Grande. (Expediente 030-EOL).

Por Resolución do 7 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico de Pena Grande, sendo declarada a utilidade pública, en concreto, das instalacións do devandito parque eólico por Resolución do 27 de outubro de 2000, do conselleiro de Industria e Comercio.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Muras (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación. As afeccións designadas na relación de bens e dereitos implican a expropiación do pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará o día e a hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Endesa Cogeneración y Renovables.

Lugo, 7 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios de predios

que se van expropiar

Parque eólico de Pena Grande.

Concello: Muras.

Nº de predio: 101.

Propietario: monte dos veciños de Silán. Pte.: Francisco Canto Durán.

Enderezo: Vilariño-Silán, 27836 Muras (Lugo).

Termo municipal do predio: Muras.

Superficie en ha: 10,0967.

Clasificación: monte baixo.

Lugar: Monte Silán.

Lindeiros:

N: resto do predio.

S: resto do predio.

L: resto do predio.

O: Oliveiro Vigo Chao.