Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño). (Expediente 22/1999).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eurovento S.L. (unipersoal), con enderezo para efectos de notificacións en rúa de Varsovia 4º C-5ª planta, 15707 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño); resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 29-9-2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación da empresa Eurovento S.L. (unipersoal), solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño), de 21,6 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de apli

cación ó presente expediente en vigor, en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, de 5-10-2000, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 20 de outubro, BOE do 20 de outubro BOP da Coruña do 28 de outubro, La Voz de Galicia do 20 de outubro e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Carnota e Mazaricos e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 26 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-Durante o período de información pública, Dolores Ramos Malvárez alega que a instalación do citado parque afectaría o potencial turístico da zona, co conseguinte prexuízo económico para a parcela da alegante.

Quinto.-O 15 de xaneiro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Paxareiras II B (Adraño)XY
Carnota e Mazaricos (A Coruña)0.493.026 4.748.924
0.493.3264.748.793
0.493.583 4.748.421
0.493.9144.747.188
0.495.0004.746.000
0.495.4554.745.259
0.495.2714.745.087
0.493.7004.746.700
0.493.1504.748.500
0.492.9274.748.694

Nº de aeroxeradores: 36.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 21,6 MW.

Altura das torres: 35, 40 e 50 metros.

Diámetro das pas: 44 metros.

Producción neta anual estimada: 66.462 MWh.

Investimento previsto: 2.681.304.292 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-15 centros de transformación de 2.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, que conectarán os aeroxeradores entre si en grupos de dous ou tres, e a correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de evacuación de enerxía eléctrica en baixa tensión e media tensión (30 kV). A rede de baixa tensión comunica os aeroxeradores cos centros de transformación, mentres que a rede de 30 kV conecta os centros de transformación e entronca coa subestación transformadora de tensión 30/66 kV de Recarea, localizada en terreos do parque eólico Paxareiras I, que pertence á mesma empresa promotora, e do tendido aéreo a 66 kV existente que une as subestacións de Tambre e Pontella.

-Liñas subterráneas de comunicación entre os aeroxeradores e subestación transformadora, formadas por fibra óptica monomodo e multimodo de 4 e 12 fibras respectivamente

Fundamentos de dereito.

Primero.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada por Dolores Ramos Malvárez, da contestación dada a esta por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe dicir que non se pode tomar en consideración a alegación referida á valoración da afección da citada parcela, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966, que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa

e sanción en materia das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Paxareiras II-B Adraño, nos municipios de Carnota e Mazaricos (A Coruña), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio