Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do expediente sancionador de epizootias OU-T-93/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 e novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro e Facenda galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agro

pecuaria nº 2080 0260 85 0040071575, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4.6 baixo, 32003. Ourense.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro citada. Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 10 de xaneiro de 2001.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-93/2000.

Interesado: Antonio Conde Martínez.

DNI: 34.649.670.

Último enderezo coñecido: Regueiro Fozado, nº 2, Ourense.

Feitos denunciados: transportar no vehículo OR-8720-K trinta (30) cabezas de gando ovino e dúas (2) de gando caprino sen a documentación sanitaria necesaria para a circulación e transporte e sen te-lo vehículo inscrito no rexistro correspondente de sanidade animal.

Precepto infrinxido: artigo 32 e 52 do Regulamento de epizootias.

Sanción: vinte mil (20.000) pesetas.