Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de xaneiro de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Caxado.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 30 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de xaneiro de 2001, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado parque eólico Caxado.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello das Pontes queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria