Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 315/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que

se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

«A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 240 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 3 da liña que alimenta o C.T. Canosa e final no C.T. Mil de Arriba, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Mil de Arriba do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 320 m de lonxitude que se conecta á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Mil de Arriba. No termo municipal de Moeche. (Expte. 315/2000)».

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que consta as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e, así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 29 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 315/2000Provincia: A Coruña

L.M.T. C.T. R.B.T. Mil de ArribaConcello: Moeche

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O XordoMonte altoJosé Galdo CanosaTrieiro-Abade

15563 Moeche

18225

3O XordoMonte altoHerminio Suárez DíazTrieiro-Abade, 1

15563 Moeche

17172

4O XordoMonte altoJ.R. Santos Picos RodríguezRío Vello-San Xoán

15563 Moeche

24230

5O XordoMonte altoAntonio Rañal Pitar/ Vigo, 140-1º I

15403 Ferrol

œ411161134

6O XordoMonte altoFernando Novo RañalTrieiro-Abade, 20

15563 Moeche

œ4194716

8O XordoMonte altoGumersindo Bustabad RicoFonte Pecora-Abade

15563 Moeche

432

11O XordoMonte altoCarmen Rañal Suárezr/ Río Cádavo-Perlio, 13-3º E

15500 Fene

1078

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

12O XordoMonte altoAndrés Rañal SuárezMil de Abaixo-Abade

15563 Moeche

1078

14O XordoMonte altoManuel Campos EspantosoCastelo de Abaixo-S. Xurxo

15563 Moeche

20113