Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de La Celaya. (Expediente 042-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigo 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de

novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., as instalacións que a seguir se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de La Celaya.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade

de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A.

Avda. de la Buhaira, 2, 41018 Sevilla.

Situación: concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.621.000,00; 4.803.500,00), V (0.620.456,80; 4.803.500,00)

V (0.620.567,00; 4.803.864,00); V (0.619.813,50; 4.805.285,90)

V (0.618.296,54; 4.805.207,96); V (0.616.506,05; 4.805.583,98)

V (0.615.899,75; 4.805,157,05); V (0.615.142,10; 4.806.418,61)

V (0.615.616,86; 4.806.768,72); V (0.618,592,00; 4.806.811,00)

V (0.618.755,00; 4.807.247,00); V (0.618.980,70; 4.807,500,00)

V (0.621.000,00; 4.807,500,00); V (0.619.736,60; 4.805.430,90)

V (0.619.619,00; 4.805.653,00); V (0.619.514,00; 4.806,394,00)

V (0.619.050,30; 4.807.276,00); V (0.618.478,80; 4.805.661,50)

V (0.618.131,43; 4.805.857,67); V (0.618,080,48; 4.805.717,73)

V (0.618.436,00; 4.805,391,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 47.

-Potencia nominal unitaria: 600 kW.

-Potencia total instalada: 28,2 MW.

-Tipo de aeroxerador: A-643.

-Producción neta anual estimada: 76,140 MWh/ano.

-Orzamento total: 4.612.158.506 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-47 aeroxeradores tipo A-643 de 600 kW de potencia nominal unitaria.

-47 centros de transformación de 800 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV situada no veciño parque eólico de Monseivane.

-Subestación transformadora 20/132 kV, situada no veciño parque eólico de Monseivane para evacuación de enerxía producida no parque eólico de La Celaya, composta por un transformador principal 20/132 kV de 38/48 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

Zapata e plataforma: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

Voo: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

Camiño de nova construcción, camiño existente e sistema colector: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

Protección eólica: superficie de protección eólica afectadas pola seguinte limitación de dominio.

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas a el, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de La Celaya, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e Concello de Muras, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Cómpre facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 28 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Parque eólico de Celaya

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Provincia: LugoConcello: Vilalba-Abadín

PrediosPropietariosSuperficies afectadas en ha

PrediosLugarClase de

terreo

Nome e apelidosDomicilioTlf.ConcelloPleno dominioServidume

ParcelaPolígonoZapataPlataformaVooCamiño

nova

construcción

Camiño

existente

Sistema

colector

Protección

eólica

1331503M. baixoM.V.M.C. dos veciños de Candia.

Rpte.: Germán Aguiar Castro

Candia-AbadínAbadín0,172

8351503M. baixoM.V.M.C. dos veciños de Candia.

Rpte.: Germán Aguiar Castro

Candia-AbadínAbadín0,172

91,2,3,4314M. baixo-pasteiroM.V.M.C. dos veciños de Fanoi.

Rpte.: Celsa

Fanoi-AbadínAbadín0,2051,0980,3742,0120,90810,547

10829,

830

260M. baixo-pasteiroM.V.M.C. dos veciños de Labrada. Rpte.: Ángel Fernández PitaLabrada-AbadínAbadín0,8704,6651,4966,5621,6461,73837,632

11494260M. baixoLópez Fernández, Mª del CarmenLg. de Tenza, 2 LabradaAbadín---0,090-0,015-

1276727M. baixo-piñeiralM.V.C.M. dos veciños de Samarugo. Rpte.: José López RoucoSamarugo-VilalbaVilalba0,0260,1370,0580,3612,1840,7881,253

1358012M. baixo-piñeiralM.V.C.M. dos veciños de S. Simón. Agrupación de Veciños de San Simón: Cosme Santomé Insua e outros. Ben litixioso.S. Simón-VilalbaVilalba0,1020,5490,2451,1460,3480,1816,129

1483, 84261M. baixo-piñeiralM.V.C.M. dos veciños de C. Maior.

Rpte.: Sergio Rodríguez Prado

C. Maior-AbadínAbadín----0,367-

15111M. baixoM.V.C.M. dos veciños de Corbelle.

Rpta.: Ladislao Fdez. Ramudo

Corbelle-VilalbaVilalba----0,194-