Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 318/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro ), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

«A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 70 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 13

da liña que alimenta o C.T. Sta. María de Roo e final no C.T. Agrelo-Paradelo, a instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Agrelo-Paradelo do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 315 m de lonxitude que se conecta á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Agrelo e Paradelo. No termo municipal de Noia. (Expte. 318/2000)».

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que consta as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación pro

vincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e, así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 27 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 318/2000Provincia: A Coruña

L.M.T. C.T. e R.B.T. Agrelo e ParadeloConcello: Noia.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O ViveiroMonte altoHdos. Manuela Senra BrantuasO Freixo-Outes, sn

15288 Outes

8

3O ViveiroMonte altoJesús Agrafojo BlancoA Corga-San Tirso de Cando

15286 Outes

564

4O ViveiroMonte altoJosé Ons PeónParadela, 8

15211 Noia

32

5O ViveiroMonte altoJuan Romero CunsAgrelo, 5

15211 Noia

11132

6O ViveiroMonte altoJesús Agrafojo BlancoA Corga-San Tirso de Cando

15286 Outes

8128

7O ViveiroMonte altoDomingo Sánchez VázquezParadela, 6

15211 Noia

464

8Revolta de MogosMonte altoManuel Iglesias GonzálezRoo de Abaixo, 16

15211 Noia

32493

9Revolta de MogosMonte altoJuan Romero CunsAgrelo, 5

15211 Noia

C.T.œ660

10Revolta de MogosMonte altoDomingo Sánchez VázquezParadela, 6

15211 Noia

C.T.œ45