Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T.S., C.T. do Valiño, 10.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 200 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV 240 mm Al, que parte da L.M.T. de C.T. Manusán a C.T. Palacio de Congresos, con entrada e saída no C.T. rúa do Valiño, nº 10 de 630 kVA tipo interior. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña