Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Carneiras II-rúa Ramiro Pascual.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde apoio existente onde estaba situado o C.T. que se elimina Carneiras II, ata o C.T. que se proxecta Carneiras II, na rúa Ramiro Pascual, no concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 29 de decembro de 2000.
P.D. (Resolución 26-12-2000)
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra