Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 35/2001, do 1 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira San Víctor 4263, sita en Carballeda de Valdeorras (Ourense) e solicitada por Pizarras Carucedo, S.L.

A sociedade Pizarras Carucedo, S.L. solicitou da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a incoación dun expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos terreos necesarios para prosegui-los labores de explotación da concesión San Víctor 4263, sita no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, da provincia de Ourense.

Os bens a que fai referencia a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente, o cal foi sometido ó trámite de información pública, sendo ademais realizadas notificacións individuais ós interesados dos predios afectados.

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, en relación co artigo 131 do Regulamento que desen

volve a dita lei, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e o artigo 56 do seu regulamento, do 28 de abril de 1957.

Como consecuencia da información pública e das notificacións individuais, foron presentados escritos de alegacións, procedendo a desestimación destas, xa que non desvirtúan as razóns obxectivas polas cales neste momento é urxente a ocupación dos predios para evita-la paralización dos traballos de explotación na concesión de referencia, todo iso en función do que consta no informe da Delegación Provincial de Industria de Ourense e na memoria-proposta da Subdirección Xeral de Enerxía e Recursos Minerais.

A expropiación está xustificada e é de todo punto necesaria e ademais polo procedemento de urxencia, xa que permitirá prosegui-lo aproveitamento racional do depósito arqueolóxico, entendendo como tal o poder aproveitar lousas de maior calidade e en partes máis superficiais, co conseguinte aumento da seguridade mineira. De acordo co plan de labores presentado e aprobado, os predios que se van expropiar están afectados de forma inmediata e na súa totalidade para realiza-los labores preparatorios de desmonte en toda a súa superficie. Os terreos obxecto de expropiación supoñen, a raíz dos últimos resultados obtidos nas sondaxes, a única alternativa posible para recupera-la minguante actividade habida nos últimos anos polo que a desestimación da petición implicaría graves transtornos ó concesionario, tanto de orde técnica e económica, como de seguridade, segundo o sinalado precedentemente, así como unha influencia negativa na economía da comarca polo impacto que nela causaría a perda de

postos de traballo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de febreiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase urxente, segundo o mencionado artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, a ocupación dos predios anteriormente citados, sitos no termo municipal de Carballeda de Valdeorras (Ourense), definidos nos planos presentados e dos que se publicou a súa relación nos boletíns mencionados, predios que é necesario expropiar para dar continuidade ó laboreo da concesión mineira San Víctor 4263, da que ten a titularidade Pizarras Carucedo, S.L.

Santiago de Compostela, un de febreiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio