Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.965

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de febreiro de 2001, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

O Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa sesión do día dous de outubro de dous mil, acordou aumenta-lo seu actual cadro de persoal de letrados a un novo posto, xustificado polo incremento do volume de dictames, ó tempo que se dá cumprimento ó disposto na disposición adicional primeira da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia.

En consecuencia, por proposta do devandito consello, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do un de febreiro de dous mil un, adoptou o seguinte acordo:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación, no Diario Oficial de Galicia, para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de febreiro de dous

mil un, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Consello Consultivo de Galicia

Na relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, publicada no DOG nº 147, do 31 de xullo de 1998, na páxina 8.860, engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Persoal funcionario

Código: 006.

Denominación: letrado.

Vacante: si.

Nivel: 30.

Complemento específico: 2.942.532.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD .

Grupo: A.

Corpo/escala: .

(2) Segundo o artigo 22 da Lei 9/1995 (DOG nº 229, do 29-11-1995).