Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.964

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de febreiro de 2001, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Real decreto 1752/1999, do 19 de novembro (BOE nº 294, do 9 de decembro), sobre ampliación de servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, traspasou a Xunta de Galicia catro centros docentes do Ministerio de Defensa, dous en Ferrol, un en Narón e un en Marín, traspaso que foi asumido polo Decreto 323/1999, do 16 de decembro (DOG nº 245, do 22 de decembro), e asignado á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Todo isto, así como a adecuación da titulación académica dos postos de xefe de Gabinete de Normalización Lingüística das catro delegacións provinciais, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do un de febreiro de dous mil un, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación, no Diario Oficial de Galicia, para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do un de febreiro de dous mil un, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Na relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicada no DOG nº 144, do 28 de xullo de 1999, prodúcense as seguintes modificacións:

-Na páxina 9.713, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA», o posto de traballo «ED.C99.10.000.15001.064.-XEFE GABINETE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA», na columna titulación académica, as titulacións «2081-3081» substitúense por «2071-2079-3035».

-Na páxina 9.716, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL LUGO» o posto de traballo «ED.C99.10.000.27001.053.-XEFE GABINETE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA», na columna titulación académica, as titulacións «2081-3081» substitúense por «2071-2079-3035».

-Na páxina 9.719, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL OURENSE» o posto de traballo «ED.C99.10.000.32001.050.-XEFE GABINETE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA», na columna titulación académica, as titulacións «2081-3081» substitúense por «2071-2079-3035».

-Na páxina 9.713, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA» o posto de traballo «ED.C99.10.000.36001.062.-XEFE GABINETE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA», na columna titulación académica, as titulacións «2081-3081» substitúense por «2071-2079-3035».

Novo código de titulación académica:

3035.-Mestre (coa habilitación de lingua galega. Orde do 25-11-1997, DOG nº 246).