Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 45/2000 a Prado Gay, S.L.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 45/2000, seguido en virtude de denuncia

formulada por Jesús Fernández Fernández, contra Prado Gay, S.L., finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para emenda-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Proposta de resolución de expediente sancionador 45/2000.

Vista a denuncia presentada por Jesús Fernández Fernández da vivenda 6º I da avda. Carrero Blanco, 195 desta cidade de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos

Primeiro.-Con data 18 de abril de 2000, Jesús Fernández Fernández, formula denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 6º I do inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 214/2000, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

O requirimento foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia en data 7 de agosto de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Terceiro.-Que con data 25 de setembro de 2000 díctase resolución pola que se vén de iniciar expediente sancionador baixo o número 45/2000, o cal foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia, en data 20 de novembro de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Feito probado

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da realización das obras de reparación requiridas, que a promotora Prado Gay, S.L., incumpriu a obriga de emenda-las deficiencias observadas.

Fundamentos de dereito

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a presentar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación da presente proposta para presenta-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñerlle á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., unha sanción de 500.001 pesetas de multa.

2. Que conforme o disposto no número 2º, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que a súa execución foi requirida por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Notifíquese a presente proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales a Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictará a resolución que corresponda».

Lugo, 14 de decembro de 2000.

P.A.

Francisco Centeno Márquez

Instructor