Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 498/00-I, relacionado no anexo e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais

durante o ano 2000 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 25 de xaneiro de 2001.

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Miriam Areal López

Instructora

ANEXO I

Expediente: 498/00/I.

Denunciado: Jaime Pérez De Hita Gómez, DNI 34.925.577.

Último enderezo coñecido : Crer Coral nº 13-17257 Torroella de Montgrí-Girona.

Feito denunciado: abandono vehículo B-860336.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 da Lei sobre incendios forestais do 5-12-1968, en relación coa Resolución do 14-1-2000.

Sanción: 50.000 pesetas.