Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador P-50/00, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-50/00, contra María Fátima

de Santos e Silva e a empresa operadora Galijuegos, S.L. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-la proposta de resolución por resultar descoñecido o domicilio de María Fátima de Santos e Silva.

Proposta de resolución.

Primeiro.-Sanciona-la empresa operadora Galijuegos, S.L., solidariamente cos seus xerentes ou apoderados, cunha multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), como responsable da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico quinto desta proposta de resolución.

Segundo.-Sancionar a María Fátima de Santos e Silva, titular do establecemento denominado Cafetería Don Juan, sito en r/ Blanco Porto, número 4 do concello de Pontevedra, con multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), como responsable da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico quinto desta proposta de resolución.

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, no prazo de oito días a partir do seguinte á súa notificación, alegar o que ó seu dereito conveña, de conformidade co establecido no artigo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.

Juan Girón Astray

Instructor