Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación de Boimorto, en sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2000, aprobou o prego de cláusulas económico-administrativas e prescricións técnicas para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía 1/2000 núcleos, que se expoñen ó público por prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións.

Simultaneamente convócase o concurso para a contratación dos referidos traballos, conforme os pregos aprobados, que quedará aprazado no suposto de que sexan presentadas reclamacións contra eles.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Boimorto.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía 1/2000 núcleos.

3. Orzamento base de licitación: 11.000.000 de pesetas (66.111,33 euros).

4. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello de 9 a 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

5. Garantía provisional: 220.000 pesetas.

6. Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Pregos de cláusulas administrativas: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais do concello para poder ser examinados.

8. Modelo de proposición:

«D./dona..., con domicilio en..., con DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de...) toma parte no concurso público convocado polo Concello de Boimorto para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía de núcleos 1/2000, e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas. (en letra e número) que supón unha baixa de... ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta as obrigas que se deriven do prego de condicións económico-administrativas e de prescricións técnicas que rexen o concurso.

3. Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral e de seguridade social.

En... o... de... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)».

9. Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Pagamento dos anuncios: o pagamento dos anuncios do concurso será por conta do adxudicatario.

Boimorto, 11 de xaneiro de 2001.

Luis Verea Taboada

Alcalde