Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador ES-P-0015/00 contra Marcelino Ávila Santorio, por infracción en materia de vivienda, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación do procedemento sancionador ES-P-0015/00, dictado polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 17 de novembro de 2000, por infraccióni do disposto no artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infracción en materia de vivenda, devolto polo servicio de correos.

Consonte co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, de se-lo caso, para propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Así mesmo, en calquera momento do procedemento, poderá coñece-lo seu estado de tramitación e acceder e obter copias dos documentos contidos nel, nestas dependencias da Área Provincial do IGVS (r/ Alcalde Hevia, 7, Pontevedra).

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 15 de xaneiro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-0015/00.

Nome: Marcelino Ávila Santorio.

Enderezo: r/ Pateira, 5, bl. 2, 9º C (Vigo).

Expediente construcción: PO-91/010, conta: 73.

Infracción: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.