Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento 18/2000. Ocupación sen título.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se inicia neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles dende o seguinte o da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 12 de xaneiro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 18/2000.

Expedientada: María Martínez Vázquez e José Barros Martínez.

Último domicilio coñecido: O Birloque, bloque 2, P-2, planta B A, letra A (A Coruña).

(Expte. C-1-CD/79, conta 41).