Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, pola que se fai público un acto administrativo de revogación.

Con data do 23 de xaneiro de 2001, o xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do organismo autónomo Augas de Galicia, dictou a resolución pola que se revoga a Resolución do 2 de novembro de 2000, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras da modificación nº 1 do encoro de Caldas de Reis no río Umia, no concello de Cuntis, da que o seu texto íntegro se transcribe a continuación:

Antecedentes de feito.

No Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro de 2000, publicouse a resolución referida no encabezamento, mediante a que se convocaba ó Concello de Cuntis, en calidade de titular do predio número 0205M, afectado pola execución das actuacións correspondentes á modificación nº 1 da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia, o día 24 de novembro do ano 2000, ó levantamento da acta previa á ocupación do devandito predio.

Para tal fin, así mesmo foi exposta a citada convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello de Cuntis, abríndose un período de información pública, que rematou sen que se presentase ningunha alegación ó respecto.

Como consecuencia do exposto, o día 24-11-2000 levantouse acta previa á ocupación do predio afectado polo procedemento expropiatorio iniciado, que foi asinada polo alcalde do Concello de Cuntis, na súa calidade de alcalde e tamén como titular do predio de comunais referido, polo representante da Administración na expropiación e polo perito da Administración, recolléndose na dita acta, no epí

grafe correspondente ás incidencias rexistradas no acto, as manifestacións do alcalde sobre a existencia de procesos xudiciais relacionados coas actuacións que se estaban a levar a cabo.

Consideracións xurídicas:

O artigo 105.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, sinala textualmente: «as administracións públicas poderán revogar en calquera momento os seus actos de gravame ou desfavorables, sempre que tal revogación non constitúa dispensa ou exención non permitida polas leis, ou sexa contraria ó principio de igualdade, ó interese público ou ó ordenamento xurídico».

No momento presente, toda vez que se cumpren aquí os presupostos de feito esixidos polo dito artigo 105.1º e, tendo en conta que se levaron a cabo cambios na programación da execución das actuacións complementarias correspondentes á modificación nº 1 da obra do encoro de Caldas de Rei no río Umia, resulta procedente revoga-la Resolución do 2-11-2000 e os actos posteriores producidos a consecuencia dela, privándoos, conseguintemente, de eficacia.

Polo exposto, de conformidade co previsto no artigo 105.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en uso das atribucións conferidas pola resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 5-9-1996, acórdase:

1. Revoga-la Resolución do 2 de novembro de 2000, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras da modificación nº 1 do encoro de Caldas de Reis no río Umia, no concello de Cuntis.

2. Deixar sen efecto a acta previa á ocupación do predio número 0205M, levantada o día 24 de novembro de 2000.

Contra a presente resolución poderán interpoñerse os recursos administrativos que resulten procedentes, no marco establecido pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico