Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo e gravación da enquisa de condicións de vida das familias.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/71/01.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da enquisa de condicións de vida das familias.

3. Prazo de execución: catro meses e medio, seguindo o calendario fixado no punto 3 do prego de condicións técnicas.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: 37.824.000 pesetas, (227.326, 82 euros).

6. Garantía provisional: 756.480 pesetas equivalentes a 4.546,54 euros.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado de rexistro do IGE; Complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela CP 15703. Teléfono 981 54 13 21 e fax 981 54 13 23.

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non existe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o quinto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística