Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión con data do 9 de xaneiro de 2001, acordou aprobar definitivamente o documento denominado estudio de detalle para a reordenación de volumes e parcelas no cuarteirón nº 3 do polígono industrial do Milladoiro, o cal fora aprobado provisionalmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 14 de novembro de 2000, e exposto ó público en forma e tempo regulamentario, sen que durante a dita exposición pública se formulasen alegacións contra o dito documento.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, na forma prevista na legislación reguladora da dita jurisdicción, sen prexuízo da interposición de calquera outro que se considere procedente.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 30 de xaneiro de 2001.

José Astray Lorenzo

Alcalde