Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Penas Grandes, situado nos concellos de Rodeiro (Pontevedra) e Carballedo (Lugo).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas de aplicación transitoria, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Elecnor, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Penas Grandes.

Peticionario: Elecnor, S.A.

Enderezo: praza Manuel Gómez Moreno, s/n, edificio Bronce, planta 6ª, 28020 Madrid.

Situación: Rodeiro (Pontevedra) e Carballedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(587.500, 4.715.000); V(588.500, 4.716.000); V(589.000, 4.717.000); V(589.000, 4.718.000); V(590.000, 4.719.000); V (590.128, 4.719.000); V(589.889, 4.718.354); V(590.008, 4.717.589); V(589.500, 4.716.000); V(589.000, 4.715.000).

Características técnicas do parque eólico.

Nº de aeroxeradores: 9.

Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 11,7 MW.

Producción neta anual estimada: 28.080 MWh/ano.

Orzamento total: 1.384.684.486 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-9 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia cada un.

-9 centros de transformación (situados no interior de cada aeroxerador) de de 1.600 kVA, 0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección M.T.

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas celas de 30 kV da subestación 132/20 kV que recolle a enerxía xerada no parque.

-L.A.T. de 132 kV construída paraa tal efecto que a unirá coa S.E. do PE Chantada propiedade de Unión Fenosa.

-Sistema de control do parque que se efectuará nun edificio construído para tal efecto e desde o que se controlarán os catro parques que se van desenvolver na zona.

Faise público para coñecemento xeral que se poderá examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5-4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Penas Grandes poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e Lugo e concellos de Rodeiro (Pontevedra) e Carballedo (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria ou delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria