Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de concesión de explotación Cruxeiras, 6633.1ª, nos termos municipais de Oroso e Ordes (provincia da Coruña) e promovido por Explotaciones de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA).

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG do 25 do setembro), faise pública a Resolución do 20 de abril de 1999 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e os seus anexos do proxecto de explotación de cuarzo de orixe fluvial e cofluvial, mediante un proceso de extracción mecá

nica e cribado in situ para a obtención da fracción maior de 40 mm, nas zonas denominadas no proyecto Zona A e Zona B, que suman unha superficie de explotación de 16,2 ha, situadas nos concellos de Oroso e Ordes (A Coruña), denominado Cruxeiras, 6633.1ª promovido por ERIMSA.

A Coruña, 24 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación presentada, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluidas no estudio de impacto ambiental (EIA), de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

O ámbito da presente declaración refirese, en exclusiva, ás actuacións mineiras de explotación levadas a cabo nas zonas A e B, delimitadas segundo consta na denominada figura 3.1: Límites das zonas cubicadas e obxecto da futura explotación do documento Proxecto de Restauración e E.I.A., con exclusión das zonas dos depósitos arqueológicos existentes, segundo se reflicte na prospección arqueológica informada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A demarcación das zonas de exclusión, por proposta do promotor, e previamente ó outorgamento da concesión deberá ser informada favorablemente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Tanto para outras zonas ou áreas que se vaian explotar como para unha duración maior da prevista precisarase unha nova declaración.

1. Protección da atmósfera.

Co fin de evita-los posibles efectos negativos que puidese ocasiona-lo po xerado pola explotación, adoptaranse as medidas propostas no estudio de xeito que non superen os lómites establecidos para partículas sedimentables no Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972,

do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico. Así mesmo, asegurarase o cumprimento do disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica, para o que se aplicarán as medidas recollidas no Plan de vixilancia e control ambiental presentado no EIA.

2. Protección das augas.

2.1. As augas residuais que se xerarán nos servicios hixiénicos destinados ós operarios deberán ser conducidas a unha fosa séptica ou outro sistema que garante o seu axeitado tratamento.

2.2. Os labores de mantemento da maquinaria levaranse a cabo fóra das zonas en explotación ou xa explotadas, debendo ser recollidos os seus residuos e entregados a un xestor autorizado.

2.3. No caso de producirse o afloramento de augas soterradas, estas deberán ser preservadas coas medidas oportunas para o seu posible aproveitamento, comunicando o dito afloramento ó correspondente organismo de conca.

2.4. Tódalas augas de escorrentía deberán quedar retidas no interior da propia explotación, adoptándose as medidas precisas no seu deseño tales que en ningún caso estas augas, provenientes de terreos explotados e non completamente restaurados, cheguen ós leitos fluviais.

2.5. Para calquera actuación consecuencia da actividade, no dominio público hidráulico, será preceptiva a autorización administrativa outorgada polo organismo de conca competente.

3. Protección do solo.

3.1. No caso de que o tempo de almacenamento de terro vexetal sexo superior a un ano, realizarase unha plantación, con achega de mulch, a base de leguminosas (en asociacións de Festuca sp., e Melilotus sp. i.e.). As provisións, debidamente situadas, deberán realizarse en terreos que non estean en pendente para evita-lo corremento da terro amoreada. Estas provisións disporanse formando cordóns lonxitudinais ou lombos de 1,5 m de altura máxima, de xeito que resulten protexidos da posible entrada de auga con pequenas canles perimetrais.

3.2. Non se podará depositar nin acumular na explotación nin en terreos adxacentes ningún tipo de residuo sólido, prohibíndose de forma específica a súa vertedura noutras zonas da parcela ou en terreos alleos a ela, así como en zonas do dominio público hidráulico sen autorización expresa do organismo de conca.

3.3. En ningún caso se autorizará a formación de entulleiras, aínda que tivesen carácter temporal, debendo ser inmediatamente transportado o material de arranque á planta de tratamento e os estériles xerados utilizados inmediatamente para a restauración do oco xerado.

4. Protección da flora.

4.1. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente, que non estea afectada directamente pola explotación, co fin de que sirva coma pantalla visual, acústica e contra o po para calquera das zonas que se vaia explotar.

4.2. Tal e como consta no estudio, respectarase a vexetación existente no perímetro de cada predio no que se realice a extracción.

4.3. Para as cortas pedirase o correspondente permiso ó Servicio de Montes ou Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente.

5. Protección da paisaxe.

5.1. Co fin de diminuí-lo impacto xerado sobre a paisaxe, non se iniciará a explotación dun predio sen restaurar previamente o anterior.

6. Protección do patrimonio cultural.

6.1. A prospección arqueológica permitiu documenta-la presencia de dezasete (17) xacementos arqueológicos que están afectados polo P.I. Cruxeiras no 6633-1ª.

6.2. De cara a evitar calquera tipo de afección sobre o dita patrimonio arqueológico, é necesario que os xacigos arqueológicos e a súa área de protección sexan excluídos da explotación Cruxeiras 6633-1ª.

7. Restauración.

En relación ó plan de restauración previsto, teranse en canta as seguintes consideracións:

7.1. Procederase á restauración de tódalas superficies que se modifiquen ou se creen. Os labores de restauración realizaranse de maneira progresiva e simultánea ós de extracción.

7.2. A profundidade de terreo vexetal estendida será de 50 cm. No caso de que a cantidade de terra vexetal existente na explotación non fose suficiente para acadar este obxectivo, faríanse precisas achegas externas que contarán coa súa procedencia e aptitude debidamente xustificadas.

Considérase axeitado o proposto no plan de restauración, pero seleccionaranse os ecotipos axeitados para a realización dos labores de restauración inmediatamente despois de remata-la explotación de cada parcela. Previamente, e tal e como consta no proxecto, realizarase unha descompactación mediante un subsolado, estendendo posteriormente a terra vexetal e arándoa a continuación.

7.3. O finaliza-la explotación desmantelaranse tódalas instalacións e procederase ó peche e recuperación das pistas de acceso non preexistentes, deixando o medio nas condicións precisas para o uso previsto para o terreo e conservando as servidumes propias ou redefinidas.

7.4. Non se empreñarán na restauración materias diferentes dos estériles xerados e da terra vexetal, prohibíndose a vertedura de entullos producto de derrubas de construcción ou de calquera outro mate

rial (os cales deberán xestionarse de acorde coa lexislación vixente) diferente dos mencionados anteriormente.

8. Vixilancia ambiental.

O promotor remitirá, a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, e xuntamente co plan de labores anual no mes de xaneiro de cada ano, un informe acompañado de reportase fotográfica na que se describa o estado da explotación, os resultados do plan de vixilancia ambiental proposto no EIA, así como dos traballos de restauración levados a cabo segundo a planificación proxectada, indicando as variacións producidas con respecto a esta, xunto coa previsión dos labores de restauración para o ano seguinte.

9. Documentación adicional.

9.1. Nun prazo máximo de dous (2) meses de ser notificada a presente DIA e, en calquera caso, previamente á autorización administrativa, o promotor presentará diante do órgano substantivo, que á súa vez o remitirá a esta dirección xeral para a valoración e, se procede, a imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven da presente DIA, a seguinte documentación por exemplar triplicado:

* Plano de demarcación, a escala axeitada e dotado de coordenadas UTM, da zona resultante trala exclusión das áreas de protección dos xacigos arqueológicos existentes, xuntando copia da conformidade da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

* Adecuación do plan de restauración (incluíndo orzamento e cronograma) das zonas obxecto do ámbito da presente declaración, tendo en conta así mesmo, as condiciona que se derivan desta.

* Proxecto de foxa séptica, incluíndose o seu punto de vertedura, ou outro sistema de tratamento das auges residuais.

A avaliación da documentación solicitada nos puntos anteriores será obxecto dunha resolución que será comunicada por esta dirección xeral ó órgano substantivo para os efectos oportunos.

10. Condicións adicionais.

10.1. Para efectos de seguimento da presente DIA o órgano substantivo comunicará ó órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

10.2. A proposta do aval que deberá ser fixado polo órgano substantivo, para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e para facer frente ós posibles danos que produzan ó medio, segundo o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, fíxase provisionalmente na cantidade de 8.000.000 de pesetas/ha afectada. Esta proposta de aval podará ser revisada cando o promotor presente o requirido no punto 9 do condicionado da presente DIA.

10.3. O promotor comunicará a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación.

10.4. As condicións indicadas nesta DIA son de obrigado cumprimento para o promotor, sen embargo, o promotor, poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade industrial, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes, desde que lle sexa notificada a presente DIA polo órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acorde adoptado á empresa promotora.

10.5. Se unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, podará suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan estas.

10.6. Do mesmo xeito, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, dos labores de restauración previstos, poderán ser causa suficiente para que se proceda ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vidente.

10.7. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións expostas nesta DIA, podarán ser causa suficiente para proceder ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

10.8. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións na mesma. En materia urbanística, o proxecto estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

10.9. O promotor queda abrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

A explotación consiste no aproveitamento de cuarzo de orixe fluvial e coluvial mediante a extracción por medios mecánicos e cribado nunha instalación móbil na que se separa a fracción aproveitable (>40 mm), dos estériles. A fracción aproveitable será transportada mediante camións a unha planta de tratamento preexistente sendo os estériles inmediatamente empreñados para o recheo dos ocas serados.

A superficie actuación definida é de 16,2 ha e canta cunhas reservas de 78.765 toneladas para unha duración estimada en seis anos e medio. Proxéctanse como instalacións auxiliares un almacén de 12 m con funcións de vestiario.

A extracción realizarase na estación seca (meses de xuño, xullo, agosto e setembro), mediante francas lonxitudinais de 25 m de largo, e unha profundidade de 3 m en cada uno dos predios alugados nas que se proxecta a explotación. Nunca se iniciará a explotación dun predio sen ter restaurada e recuperada a anterior.

Como medidas correctoras indícanse no estudio a retirada e provisión da terra vexetal, a rega periódica das pistas non asfaltadas e das provisións de terra vexetal, evita-lo transporte por zonas habitadas, recheo e restitución dos ocos serados, protección da vexetación perimetral dos predios, e revexetación deles.

ANEXO II

Resultado das consultas realizadas

Do contido dos informes recibidos cabe destaca-las seguintes consideracións:

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo informa de que non se especifica con precisión a delimitación das superficies onde se van realiza-los labores mineiros, considerando que o promotor debera achegar documentación adicional.

A Dirección Xeral de Obras Públicas, Subdirección Xeral do Dominio Público Hidráulico emite informe relativo a todo o permiso de investigación Cruxeiras 6633, achegando, indicando que calquera actuación en terreos do dominio público hidráulico, precisaría da preceptiva autorización do organismo de conca; que o estudio carece de medidas referentes á protección das augas producto da erosión por escorrentía; protexeranse as augas, as posibles augas subterráneas que afloren; se se precisase captar augas para o seu uso, deberá solicitarse a preceptiva concesión administrativa.

Conclúe o informe indicando que no que se refire ó dominio público hidráulico, o estudio considérase satisfactorio sempre que se cumpra a lexislación vixente e as condicións citadas anteriormente.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable no marco das súas competencias.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural conclúe indicando que a explotación é viable se se toman en consideración as medidas que exponen, e que se refiren a provisións de terreo vexetal, instalacions, xestión de residuos da maquinaria e medidas contra o po. Para as cortas pedirase o correspondente permiso ó Servicio de Montes.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, unha vez avaliado o documento de emenda denominado Prospección Arqueolóxica Intensiva do P.l. de Cruxeiras 6633.1ª informa indicando que a pros

pección arqueológica permitió documenta-la existencia de 17 xacigos dentro do P.l. Cruxeiras 6633-1ª. Para evitar calquera tipo de afección sobre o dito patrimonio, cómpre que como cautela arqueológica, os xacigos e a sea área de protección sexan excluídos da explotación.

A Dirección Xeral de Industria propón un condicionado no que ó ámbito territorial se refire en exclusiva á explotación das zonas denominadas no proxecto A e B, cunha extensión de 16,1 ha; a remodelación morfolóxica dos ocos creados; cumprimento do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, que desenvolve a Lei de protección do ambiente atmosférico; as vías e as pistas cumprirán o disposto na I.T.C.: 07.01.03; respectarase a vexetación que sirva de pantalla visual e acústica; prohíbese o depósito ou vertedura de calquera tipo de residuo.