Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 24 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade da urxente ocupación que iso implica e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 99/1-4).

Advertido erro no devandito acordo, publicado no DOG nº 244, do martes, 19 de decembro de 2000, cómpre face-la seguinte modificación:

Nas páxinas 16.677, 16.678 e 16.679, en tódalas superficies afectadas nas que como nome e apelido do propietario figura: «Fiscal da Audiencia Provincial», debe poñer: «Descoñecido. Representante Fiscal da Audiencia Provincial».