Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Monte Cabeza, situado nos concellos de Chantada e Antas de Ulla (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas de aplicación transitoria, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Elecnor, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Monte Cabeza.

Peticionario: Elecnor, S.A.

Enderezo: praza Manuel Gómez Moreno, s/n. Edificio Bronce, planta 6ª. 28020 Madrid.

Situación: Chantada e Antas de Ulla (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (590.000, 4.731.822); V (590.000, 4.731.000); V (592.000, 4.730.000); V (590.000, 4.727.000); V (590.500, 4.724.500); V (591.441, 4.724.548); V (591.500, 4.727.000), V (592.800, 4.729.000); V (592.800, 4.730.577); V (592.412, 4.730.577), V (590.728, 4.731.417), V (590.380, 4.731.830).

Características técnicas do parque eólico.

Nº de aeroxeradores: 23.

Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 29,9 MW.

Producción neta anual estimada: 70.265 MWh/ano.

Orzamento total: 3.438.036.106 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-23 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia cada un.

-23 centros de transformación (situados no interior de cada aeroxerador) de de 1.600 kVA, 0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección M.T.

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas celas de 30 kV da subestación 132/30 kV que recolle a enerxía xerada no parque.

-L.A.T. de dobre circuíto de 132 kV e 30 kV construída para tal efecto que a unirá coa subestación de Chantada e centro de control do parque, comuns para outros parques e non son obxecto deste proxecto.

Faise público para coñecemento xeral que se poderá examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano-bloque 5-4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Monte Cabeza poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Lugo e Pontevedra e concellos de Chantada e Antas de Ulla (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria ou delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria