Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Chantada, situado nos concellos de Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas de aplicación transitoria, artigo 25 da Lei 10/995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por

solicitude da empresa Elecnor, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Chantada.

Peticionario: Elecnor, S.A.

Enderezo: praza Manuel Gómez Moreno, s/n, edificio Bronce, planta 6ª, 28020 Madrid.

Situación: Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V1 (591.875, 4.725.000), V2 (590.875, 4.718.000),

V3 (589.961, 4.718.000), V4 (589.810, 4.719.000),

V5 (591.000, 4.724.860), V6 (591.875, 4.725.000).

Características técnicas do parque eólico.

Nº de aeroxeradores: 31.

Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 40,3 MW.

Producción neta anual estimada: 96.720 MWh/ano.

Orzamento total: 4.636.453.550 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-31 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia cada un.

-31 centros de transformación (situados no interior de cada aeroxerador) de 1.600 kVA e 0,69/20 kV, constituídos por un transformador de B.T./M.T., celas de M.T. de protección e manobra e material de seguridade.

-Rede colectora subterránea de 20 kV que enlaza os centros de transformación dos aeroxeradores co centro colector de 20 kV.

-Subestación 132/20 kV, apta para unha capacidade de transformación de 50 MVA.

Faise público para coñecemento xeral que se poderá examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5-4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Chantada poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Lugo e Pontevedra e concellos de Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), podendo presentar cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria ou dele

gacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria